X. Ricardo Losada. Non hai cousa que máis me moleste que saír da casa con paraugas. Os humanos nacemos libres e o paraugas fainos escravos. Obrígate a estar todo o día pendente del. En caso contrario, arríscaste a esquecelo en calquera paraugueiro. Máis aínda un tipo tan despistado coma min. Seguir lendo Os dereitos da chuvia
Reflexión formal sobre o acto poético
X. Santamaría. Nova escolma do movemento Sentimentalismo, fundado por Xesús Manuel Valcárcel, que se autodefine como de «carácter elitista e exclusivo», que pretende unha poesía de «elevación conceptual e profundidade de pensamento». Ademais do fundador, outros seis poetas: Carlos Arias, Xulio Cid Neira, Xabier L. Marqués, Mariña Pérez Rei, Baldo Ramos e Eva Veiga. O espazo só me permite analizar a achega de Xabier L. Marqués. Seguir lendo Reflexión formal sobre o acto poético
Galicia e os galegos na poesía castelá. LIX. Juan Carlos Marset
Román Arén. Entre os poetas casteláns nacidos na década dos sesenta, salienta o nome de Juan Carlos Marset (Albacete, 1963), de obra non moi extensa pero si de gran calidade, gañador do Premio Adonais en 1989 con Puer profeta (1990), e que en 1999 editou Leyenda napolitana e xa en 2013 Laberinto. Foi, ademais, amigo e biógrafo de María Zambrano, o que o levou a gañar o premio Antonio Domínguez Ortiz en 2004. Profesor de Estética e Teoría das Artes na Universidade de Sevilla, dirixe a revista cultural <Sibila>. Antonio Gamoneda destacou na poesía de Marset o poder da súa rítimica, a forza da súa respiración poética. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. LIX. Juan Carlos Marset
Amor platónico e amor místico
Fidel Vidal. Estamos a seguir os pasos guiados da man de Octavio Paz no seu excelente volume La llama doble, Amor y erotismo (Galaxia Gutenber, 1997). Acompañado dunha selecta iconografía trata dunha viaxe poética a través da historia literaria do amor. Nel aprendemos que Platón, tamén poeta, é o fundador da nosa filosofía do amor. “A súa influencia aínda persiste, sobre todo pola súa idea da alma”. No entanto, o amor de Platón non é o noso. “Incluso pódese dicir que a súa non é realmente unha filosofía do amor senón unha forma sublimada (e sublime) do erotismo.” (páx. 43) Seguir lendo Amor platónico e amor místico