Galicia e os galegos na poesía castelá. LIX. Juan Carlos Marset

marset2Román Arén. Entre os poetas casteláns nacidos na década dos sesenta, salienta o nome de Juan Carlos Marset (Albacete, 1963), de obra non moi extensa pero si de gran calidade, gañador do Premio Adonais en 1989 con Puer profeta (1990), e que en 1999 editou Leyenda napolitana e xa en 2013 Laberinto. Foi, ademais, amigo e biógrafo de María Zambrano, o que o levou a gañar o premio Antonio Domínguez Ortiz en 2004. Profesor de Estética e Teoría das Artes na Universidade de Sevilla, dirixe a revista cultural <Sibila>. Antonio Gamoneda destacou na poesía de Marset o poder da súa rítimica, a forza da súa respiración poética.

Se a experiencia de tres cidades (Nova York, Nápoles e Londres) marcou os seus tres primeiros poemarios, oníricos e salmódicos, vén de publicar en 2016 Días que serán, dando un xiro á súa poética, agora máis conceptual, máis vencellada ao sentimento do paso do tempo. Non hai alusións a Galicia no libro, pero si dous poemas dedicados a dous poetas galegos, José Ángel Valente e César Antonio Molina. marset1O dedicado ao primeiro, “Centro” é o máis breve: “Entré en el antro/vientre del centro/de la entraña por dentro/entre la trama/y el detrimento/del recuerdo al encuentro/mugriento de una tenia/de tinta en cinta/ombligo en otro tiempo/hoy reverso estreñido/de la luz estrenando/su mal conmigo”, e pertence á segunda parte do libro, “Partida parte”, na sección “Esparzas”. O dedicada a César Antonio Molina leva por título “Y si por fin”, tamén da segunda parte, pero da sección “Blanc et Noir”. Organizado en dezaoito estrofas, reproduzo só tres estrofas, as primeiras, aínda que un poema difícil de citar fragmentariamente polos seus encadeamentos:

Y si por fin se encuentran/dos pobres almas sea/para que nunca puedan/unirse más que en una/sombra donde la luz/se adentra en negro afuera/toda sin salir dentro,/y si entera no entrara/fuera sin enterarse/fuera: Eurídice vuelta/color arrebatado/del dolor a la culpa…

O poemario de Marset engade, en apéndice, o libreto da ópera “Lázaro” en un acto, que musicou Cristóbal Halffter.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *