Fidel Vidal. O Álbum Proust é un libro para amantes e admiradores do autor da Recherche. Editado por Mondadori España en 1988, trátase dun pequeno e fermoso volume con abundante iconografía, ordenada e comentada por Luciano De Maria, que nos compaña polas paisaxes que contemplou e pisou Proust e polas casas e estancias nas que viviu ou visitou. Ofrécenos tamén unha serie de fotos familiares e reproducións de manuscritos, así como unha imaxe de Elisabeth de Gramont, posible modelo da súa duquesa de Guermantes e algúns cadros e debuxos. Destes destacamos o famoso retrato do autor coa camelia no ollal da solapa, de J-E. Glanche, un escorzo de Cocteau asinado por Picasso Seguir lendo Álbum Proust
Radiotelescopio don Faustino
X. Ricardo Losada. Anda Stephen Hawkings liderando un proxecto internacional (construír naves interestelares que viaxen a velocidade relativista) para atopar vida extraterrestre. Canto máis vello vai, máis convencido está de que non somos os únicos habitantes do universo. Seguir lendo Radiotelescopio don Faustino
Manuel Antonio de puño e letra
Román Arén. Manuel Antonio está a se tratar como o que é, un clásico das letras galegas. Contamos xa cunha magnífica edición da súa obra completa a cargo do académico Xosé Luís Axeitos, o que nos permitiu aos lectores acceder á súa prosa e ás súas traducións, e agora podemos disfrutar da edición do manuscrito orixinal Seguir lendo Manuel Antonio de puño e letra
Esperando o verán
Carlos Mosteiro. Relaxados, nun ambiente estival. Hora das confidencias entre amigos. Semellan compañeiros de vacacións, falando das súas cousas, unhas brazadas antes da comida, das cervexas no chiringuito. Conseguiron, durante un tempo, dar esquinazo aos cativos, á familia, que estarán estomballados preto do areal, chapoteando, mergullándose e saíndo verticais cara arriba en pinchacarneiros inconcibibles. Seguir lendo Esperando o verán