Un franciscano de Boiro

Escritores_de_la_provincia_franciscana_de_SantiagoPastor Rodríguez. Os franciscanos establecéronse en Galicia ben pronto, arredor de 1215 e a súa presenza na bisbarra do Barbanza foi grande, con conventos en Noia, A Pobra do Caramiñal, pero ademais o convento de Herbón (Padrón) queda cerca da nosa comarca e nel profesaron varios relixiosos da contorna, mentres que outros tomaron o hábito de Francisco de Asís, en Compostela. Entre estes últimos estaba Andrés Sieira Balseiros, nacido en Abanqueiro en 1769, que profesou en 1784 e, tras recibir as ordes sacerdotais, estudou en Alba de Tormes dende 1793. Xa no ano 1797 logrou por oposición a Lectoralía de Artes n’A Coruña, pasando logo a Herbón, onde foi superior entre 1809 e 1813 e entre 1817 e 1820. Seguir lendo Un franciscano de Boiro →

Un paxaro chamado avión

avión
Todas as plumas da parte inferior do corpo do avión son de cor branca FOTo mICHAEL PALMER

Fernando Losada Rodríguez. Nas miñas frecuentes viaxes por Galicia, ás veces paro nunha pequena aldea entre A Coruña e Santiago de Compostela, onde serven un café de pota moi diferente aos que atopo na cidade. Teño querenza por este local, porque foi onde me convertín nun ornitólogo afeccionado. Recordo entrar a primeira vez e sentar, esperando a que me preguntasen que quería para almorzar. Seguir lendo Un paxaro chamado avión →

The Velvet Undergound & Nico, 50 anos despois

Velvet Underground - CollectedGonzalo Trasbach. Logo de ser rexeitado por Atlantic (non quería cancións sobre drogas) e mais por Elektra, que non tragaba a viola de Cale, con un ano de retraso, o doce de marzo do 1967 saíu á rúa “The Velvet Underground & Nico”, o álbum de debut dunha formación que, abandeirada polo artista pop Andy Wharhol, acabaría converténdose en mítica e rodeada dunha densa e complexa aureola. Seguir lendo The Velvet Undergound & Nico, 50 anos despois →