The Velvet Undergound & Nico, 50 anos despois

Velvet Underground - CollectedGonzalo Trasbach. Logo de ser rexeitado por Atlantic (non quería cancións sobre drogas) e mais por Elektra, que non tragaba a viola de Cale, con un ano de retraso, o doce de marzo do 1967 saíu á rúa “The Velvet Underground & Nico”, o álbum de debut dunha formación que, abandeirada polo artista pop Andy Wharhol, acabaría converténdose en mítica e rodeada dunha densa e complexa aureola. Din que é a opera prima máis importante de todos os tempos da música rock e tamén din que é a máis imitada da historia. Sexa ou non certo, o que si é verdadeiro é que é unha das xemas, das pedras preciosas que adornaron a dourada colleita de 1967. E tamén que a banda de Nova York inaugurou unha nova era na música popular, unha nova etapa marcada por unha singular mestura de ruído e realismo sucio. Pero que ao mesmo tempo abriu unha vía diferente na paisaxe sonora dominante no momento, tanto na escena norte americana coma na británica.

Os brillantes e aventurados experimentos sónicos que configuraban o disco influenciaron de xeito decisivo á multitude de correntes musicais en desenvolvementos art rock ou noise pop con bases garaxeiras e psicodélicas. De xeito que no seu curto percorrido (1965-1970), a agrupación, aínda sen acadar unha gran repercusión nin influencia nos colectivos da súa xeración, si que máis tarde resultou ser unha constante fonte de inspiración para numerosas agrupacións e cantantes en solitario. Abonda con lembrar que foi un referente indiscutíbel para David Bowie, Iggy Pop, Roxy Music, Talking Heads, Television, Patti Smith e Joy Division, entre outros.

O lado salvaxe da gran mazá, o lado escuro das almas, o mundo sexual e o submundo dos narcóticos, con espidas referencias ao paroxismo aditivo e ao sadomasoquismo, son elementos nutrientes dun traballo que mestura beleza, tremor, desconcerto, sarcasmo, hedonismo, nihilismo… Lou Reed, compositor principal, guitarrista e cantante, e John Cale, galés e instrumentista de formación clásica pero con experiencia na escena psicodélica londiniense (baixo, viola e teclados) son os dous principais mentores dunha banda á que se sumaron o guitarrista rítmico Sterling Morrison, compañeiro de Reed na universidade, e a batería Mauren “Moe” Tucker, quen substituíu a Angus MacLise, primeiro ocupante no posto das baquetas. O enorme talento que amosaban todos eles acabou sendo arbitrado pola xeada e fascinante presenza da enigmática Nico.

WB8355-Andy-Warhol-s-Exploding-Plastic-Inevitable-Show-PostersAndy Warhol viunos actuar nun sórdido local chamado Cafe Bizarre e logo incorporounos ao seu proxecto “The Exploding Plastic Inevitable” e converteuse no seu representante e produtor. Foi el que suxeriu a entrada na formación da modelo e cantante alemá Nico. Logo do fracaso comercial e da falta de repercusión que o disco tivo naquel momento, a banda rebentou anos máis tarde, en parte polas manipulacións do mesmo Warhol, quen, mentres durou o idilio, sempre os incitaba a ser únicos e competitivos, e en parte por unha inevitábel loita de egos. De feito, a ruptura entre Reed e Cale non se suturou até 1990. Entonces, logo da morte de Andy Warhol, reconciliáronse para renderlles un tributo a quen fora o seu produtor e deseñador da famosa portada coa banana, e que se plasmou no funerario pero magnífico “Songs For Drella”.

Arranca o álbum con Sunday Morning, canción (a única que produciu Tom Wilson) que compuxeron Reed e Cale tocando o piano de madrugada na casa dun amigo logo de pasar unha noite de festa. Conta cunhas campaíñas de entrada e cun baixo que cura a resaca máis forte. Na apertura de I’m Waiting For The Man soa un riff de piano funky, un sucio ritmo and blues demoledor, narrando en primeira persoa a busca de drogas no Harlem. Nico interpreta Femme Fatale, tema que lle regalou Lou Reed e que está inspirado na vida da actriz Edie Sedgwick. Venus in Furs era a canción que máis lle gustaba a Sterling Morrison, coa electrificada viola de Cale, repetitiva e indagando nun espazo virxe. All Tomorrow’s Parties, inspirada na feira de vaidades da Factory, era a favorita de Warhol. bananaHeroin, ese cataclismo de guitarras feridas e arrepiante viola marcando o ton sórdido do disco, e que dura sete minutos, levanta a persiana dunha segunda cara onde brilla sobre todo I’ll Be Your Mirror, a única canción de amor, á que segue a brillante e delirante ladaíña The Black Angel’s Death Song. Reed dedicoulle o peche do álbum, European Son, ao seu amigo, poeta e mestre Delmore Schwartz, que apareceu morto no Chelsea Hotel.

Logo da súa disolución, a banda nunca puido arrincar a súa reputación de grupo anfetamínico e pornográfico. De ter vivido nas antípodas do pacifismo hippy, sempre moi cerca ou no mesmo corazón do lume ardente do inferno da grande urbe humana.

5 comentarios en “The Velvet Undergound & Nico, 50 anos despois

  1. Cuántas cosas aprendo contigo, Gonzalo. Ojalá continúes haciéndolo durante muchos años.
    Salud para continuar. Un besiño desde Palmeira

  2. Bos días, Magdalena. A cuestión hippy é antes que nada unha cuestión estética (existencial), que en USA denotaba unha actitude vital distinta á que estaba ocorrendo na costa Oeste, sobre todo en San Francisco, berce do flower power. Neste contexto, a Velvet supón unha estética, coma tamén á dos Doors, contraría á que culminou co famoso summer love. Dito doutro xeito, fronte ao inocente nihilismo do oeste, o realismo sucio do este. O valor artístico, coido eu, é tamén un valor ético-estético. Polo demáis, isto foi algo que aconteceu fai 50 anos. Agora só lembramos o feito de que exista un disco así, que pode ou non gustar. Pero que dentro dunha corrente musical tivo e aínda ten a súa importancia. Neste senso, case que todos os xornais e revistas lembraron a data da súa publicación. Aquí, neste cafe, tamén quixemos recordarnos daquel doce de marzo de 1967. Aínda que non estou moi seguro de responder ao que me prantexas, gracias polas túas palabras, moi querida Magdalena.

  3. Querido Gonzalo:
    He leído varias veces tu depurado y documentado artículo. La primera y la segunda vez en completo silencio. Como acababan de mandarme al móvil un vídeo de tres minutos con la música del tango ” La cumparsita ” estuve escuchándolo al mismo tiempo que releía por tercera vez tu escrito. La fusión de la lectura con la música de este tango tan sensual unido a un violín y un bandoneón – los sonidos que acompañaban a tu fantástico comentario – a sido como decía Julio José , una experiencia religiosa.
    Aunque el grupo al que te refieres halla vivido en las antípodas del pacifismo hippy debemos juzgarlos por su trabajo, nunca por sus inclinaciones. El arte cuando es bueno, es siempre entretenimiento.
    Hay un proverbio inglés que dice: ” La persona que no comete ninguna tontería, nunca hará nada interesante.
    Un abrazo amigo Gonzalo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *