Surrealistic Pillow, o gran de ouro de Jefferson Airplane

jeffGonzalo Trasbach. O terceiro gran de ouro, segundo, claro está, o noso criterio, da colleita do 1967 chegou o 20 de febreiro da man de Jefferson Airplane: “Surrealistic Pillow”. Anunciando o “verán do amor”, que se celebraría meses despois en San Francisco, irrompeu coma un cabalo ao galope un disco que acadaría un inesperado éxito, pero sobre todo adquiriu un enorme valor conxuntural: converteuse no álbum tótem da escena hippy da cidade californiana, grazas a un tema que foi súper vendas en todo o mundo: Somebody To Love. Seguir lendo Surrealistic Pillow, o gran de ouro de Jefferson Airplane →

Tradución, alento e maxia das palabras

arteFidel Vidal. Traducir é pasar dunha lingua a outra determinados textos. Traducir, transducere, conducir, é un xeito de traslado máis que de cambio, un paseo, un paseo por unha ou por dúas ou máis linguas. Walter Benjamin afirma que a tradución favorece o salto por riba da lingua propia, pero ese acto implica unha incomprensión e unha fronteira infranqueable no nivel musical da lingua, incluso sen falar de poesía. A Poética, a diferenza da Lingüística e da Filosofía, esixe o seu propio ser, o “de seu” que diría Zubiri. E se ao ser nos remitimos, ante calquera estrofa ou verso, ante calquera palabra, entramos “na imposibilidade da tradución considerada como correspondencia, calco, equivalencia, translación, empatía, etcétera, segundo o costume normal dos tratados teóricos e prácticos. Seguir lendo Tradución, alento e maxia das palabras →

Atadoras en roda, de A. Pérez

antonio pérez
A plumiña de Antonio Pérez recolle unha antiga estampa de Ribeira

Antonio Piñeiro. Hai unhas semanas asistiamos en Ribeira á presentación da última colección do noso admirado Antonio Pérez. Nesa ocasión, o tema era a natureza morta, o still life dos ingleses. Ou as naturezas mortas, porque un nunca rematou de saber se é xénero un ou múltiplo, xa que o significado de ambos os dous conceptos semella estar en todo Seguir lendo Atadoras en roda, de A. Pérez →