Francisco Ant. Vidal Blanco. Creo que a palabra monopolio estase usando demasiado á lixeira neste conflito que enfronta ós estibadores coa Administración. Tamén a palabra sindicato leva anos estigmatizada desde o liberalismo económico, que nada ten que ver co social, e desde as películas americanas, para usala como arma de descreto. Acabo de volver a ver a película A lei do silencio, con ese Marlon Brando coidador de pombas nunha inhóspita cidade portuaria, na que as mansas aves sempre han de volver ás gaiolas, porque é o único sitio onde teñen comida e están fóra da ameaza dos falcóns. Seguir lendo E agora os estibadores
Galicia e os galegos na poesía Castelá. LIII. Concha Zardoya e Compostela
Román Arén. Concha Zardoya, aínda que española, naceu en Valparaíso, chile, en 1914; pertence, pois, á xeración de 1936, a de Blas de Otero e Gabriel Celaya. Establecida coa familia na Península en 1932, foi doutora en Filoloxía Moderna en Illinois e ensinou literatura española nos Estados Unidos dende 1948 a 1977, pois comprometida coa República, preferiu vivir no exilio. O seu primeiro poemario, Pájaros del Nuevo Mundo foi editado en 1946, e a derradeira das súas obras poética saíu do prelo en 2003: Abrevedores míos. Entre ambos os dous apareceron outros vinte poemarios coa súa sinatura. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía Castelá. LIII. Concha Zardoya e Compostela
2017. Corenta anos do Museo do Pobo Galego

Pilar Sampedro. O museo privado máis grande de Galicia está a cumprir corenta anos. Iso é algo que debe aledarnos a todos os galegos porque o museo, aínda pertencendo aos seus socios, naceu co fin de representarnos a todos. A actual campaña publicitaria non podería dicilo de maneira máis clara: «Igual que os Thyssen, os Rosthschild ou os Guggenheim… temos un museo» Seguir lendo 2017. Corenta anos do Museo do Pobo Galego
O arcebispo poeta
Pastor Rodríguez. Santiago Agrelo Martínez, nacido en Asados, Rianxo, en 1942, ingresa en 1953 no convento franciscano de Herbón, para estudar logo Filosofía en Ponteareas e Teoloxía en Salamanca. Especialista en Liturxia, ensinou esa materia en Roma e no Instituto Teolóxico de Compostela, pero exerceu tamén como párroco en moitas parroquias do Bierzo. No ano 2007 foi nomeado arcebispo de Tánxer e a súa intención foi estar próximo da xente e servir de ponte co mundo musulmán. Home comprometido, ademais de participar na edición en galego do Diurnal e do Leccionario, e de publicar obras teolóxicas e artigos da súa especialidade en revistas como Liceo Seguir lendo O arcebispo poeta