Gonzalo Trasbach. O centenario da obra máis polémica e afamada de James Joyce, a monumental Ulises cumpre 100 anos o vindeiro 2 de febreiro. Con motivo do seu centenario os devotos e admiradores do xenio irlandés, poderemos celebrar a efeméride mercando a reedición que, ilustrada polo pintor Eduardo Arroyo (Madrid, 24 de febreiro 1937-14 outubro, 2018), Galaxia Gutenberg porá á venda o día 19. Paralelamente, a editorial Lumen publicará unha reedición da tradución que José María Valverde (1926-1996) fixera en 1976 para o mesmo selo. Seguir lendo Ulises, centenario
Frangullas de beleza eterna
X. Ricardo Losada. Mando todos os anos unha felicitación de ano novo. Escollo unha das fotos que teño no móbil, e engádolle coa aplicación Paint unha cita que me guste e un desexo relacionado con esa cita. Non tardo máis de dez minutos en completar toda a operación pois fágoa dunha forma espontánea e nada meditada, divertida para min Seguir lendo Frangullas de beleza eterna
O “xudío”
Marina Losada Vicente. Imaxina que che din na casa, berrando, que es peor que un xudío. Imaxina que ao pé da túa rúa nace un calello que se chama, de forma oficial, “do Xudío”, que ti non cruzas, porque alí se garda un paso da Semana Santa no que o xudío é o malo do que ti tes tanto medo.
Agora mira a foto que acompaña este texto. Nela hai dúas figuras: Unha representa a un soldado romano. A outra representa a un reo, natural de Xudea, camiño da morte. Seguir lendo O “xudío”
Conversas de escaparate. O que eu che diga
Fidel Vidal. -Dígocho tal como é.
-Para que te fíes das mosquiñas mortas.
-As cariñas de anxo sonche as peores.
-Estás ben certa do sucedido?
-A min non me van as medias tintas.
-Xa, pero paréceme demasiado.
-Eu non teño pelos na lingua, querida. Seguir lendo Conversas de escaparate. O que eu che diga