Memoria popular de Ribeira

A_barra_por_dentroPastor Rodríguez. Antonio Novo Salgado, aínda que nado en Teo en 1947, dende os anos setenta viviu en Ribeira, cidade na que se dedicará á hostalaría, na histórica cafetería Nordeste. E sobre a súa especialidade publicará as obras Vocabulario de cócteles (1991), O libro dos cócteles galegos (1993) e A barra por dentro (1995). Pero o que lle deu popularidade na súa vila de acollida foron as obras nas que recolleu a memoria e as anécdotas de todos os personaxes famosos da cidade de adopción. Así, en 1994 publica Contos verdadeiros, e no ano 1997 publica na Coruña as obras Ilustres anónimos. Seguir lendo Memoria popular de Ribeira

Unha novela xuvenil que nos abre as portas ao teatro

A sindrome de BergeracPilar Sampedro. Sucede, ás veces, onde menos o esperas, aparece unha achega interesante. Ler A síndrome de Bergerac. Unha comedia heroica levoume a pensar nesas experiencias teatrais que teñen lugar nas escolas, tanto en primaria como en secundaria. Prácticas teatrais que escritores tan recoñecidos como Fina Casalderrey (Recursos teatrais para a expresión dramática na escola) ou Xosé Agrelo (O xogo dramático (de, con, por, para nenos)) puxeron por escrito, para axudar os compañeiros e compañeiras a traballar co texto dramático e levalo á escena. Pensaba nos esforzos por levar o teatro ás aulas e a representación das obras ao contexto social que rodea o centro educativo. Seguir lendo Unha novela xuvenil que nos abre as portas ao teatro