Crane VS. Auster

9788432239052Xerardo Agrafoxo. Este non é un libro. Este é un monumento, un monumento literario. Unha obra de máis de mil páxinas dedicadas ao «Mozart» da literatura norteamericana. Stephen Crane, que naceu o Día de Defuntos e morreu cinco meses antes de cumprir vinte e nove anos, foi o noveno fillo supervivente dos catorce que tivo un devoto matrimonio da Igrexa Metodista de Nova Jersey. Durante a súa curta existencia traballou como reporteiro para combater a pobreza que sempre o acompañou. Despois dun comezo narrativo prometedor, escribiu A insignia vermella da dor, un relato sobre a guerra civil norteamericana. Seguir lendo Crane VS. Auster

Do principio de mellora no dereito civil galego

se_extiende_mes_del_testamento_1202322_crop1601826509346.jpg_943222218Marina Losada Vicente. A visita da súa cuñada, tan pouco frecuente, déralle mala espiña. Áurea escoitou como lle insistía a Xermán para que esquecese a idea da mellora. Debería tratar os sete irmáns por igual,  porque non é propio dun corazón recto premiar a quen o coida, menosprezando a quen querendo, non tivera ocasión de facelo. Aseguroulle que as dúas irmás monxas, o cura, o viúvo sen fillos, o outro irmán casado, se non vivisen tan lonxe, e mesmo ela, de gozar da saúde, estarían gustosos de facelo. Seguir lendo Do principio de mellora no dereito civil galego

Da personalidade na arte

Remedios-Varo-1.png-1Fidel Vidal. A aposta naturalista na arte foi entendida como unha creación, unha crianza, tal e como fai a natureza, esquecendo que o ser humano se move dentro de parámetros distintos, derivados do aporte cultural que nos leva a encontrarnos nunha realidade -o mundo-, cualitativa e substancialmente distinta da natural-biolóxica. De igual forma que a planta, desde a semente, agroma, medra, ramifícase e florece, etcétera Seguir lendo Da personalidade na arte

Paisaxe construída da ría de Muros-Noia

Rúa Alexandre Cadarso (Campo de Noia), na mirada de José Manuel Casas Torres (1943)
Rúa Alexandre Cadarso (Campo de Noia), na mirada de José Manuel Casas Torres (1943)

Pedro García Vidal. Non será antes das primeiras décadas do século XX cando apareza unha forma especificamente xeográfica de achegarse ao feito urbano. No estado español podemos dicir que non será ata datas posteriores á Guerra Civil, e con notable atraso respecto a outros países europeos, cando aparezan os primeiros traballos específicos deste xénero. Seguir lendo Paisaxe construída da ría de Muros-Noia