Do principio de mellora no dereito civil galego

se_extiende_mes_del_testamento_1202322_crop1601826509346.jpg_943222218Marina Losada Vicente. A visita da súa cuñada, tan pouco frecuente, déralle mala espiña. Áurea escoitou como lle insistía a Xermán para que esquecese a idea da mellora. Debería tratar os sete irmáns por igual,  porque non é propio dun corazón recto premiar a quen o coida, menosprezando a quen querendo, non tivera ocasión de facelo. Aseguroulle que as dúas irmás monxas, o cura, o viúvo sen fillos, o outro irmán casado, se non vivisen tan lonxe, e mesmo ela, de gozar da saúde, estarían gustosos de facelo.

Áurea levaba atendendo a Xermán, con problemas serios de mobilidade, desde que faltara súa sogra e mesmo antes, que tamén esta precisou axuda nos últimos tempos, sen recibir nada a cambio, a pesar das dúas pensións que tiña seu cuñado, unha como funcionario e outra por mutilado de guerra. A casa na que este habitaba, que era de todos os descendentes de dona Pura, caía a cachos, mais na súa conta bancaria adurmiñaban un cento de millóns de pesetas.

Desde o mesmo momento en que sae a súa cuñada pola porta, Áurea séntese indisposta. Para asear e barbear a Xermán chamou a Pepe. Para facerlle a limpeza, viñeron Rosa e Alex. Da compra e da comida, encargou a Benito. Para sacalo de paseo, Xoán. A que fixo de taxista para levar o tío ao médico, e despois á notaría, foi Maruxa. Durante toda a semana desfilaron os fillos e as fillas de Áurea polos corredores da casa. Os seis. Todos os días.

Diante da notaria, Xermán mantivo que non ía facer mellora algunha a favor de quen o atendía, costume que, como mantiña súa irmá alí presente, estaba fóra de lugar para almas nobres. Testou sete partillas idénticas -un corazón xusto non menoscaba a ninguén-, incluíndo tamén a Tomás, o fillo do irmán que vivía en Londres, ao que non vira en anos. Os lustrosos cen millóns de pesetas foron divididos entre os sete sobriños vivos -un salto xeracional que ninguén se explica-, seis deles da liña sucesoria de Áurea, que se recobrou de contado de todos os males daqueles días.

5 comentarios en “Do principio de mellora no dereito civil galego

  1. Apreciada Marina:
    No te digo mucho más, sobre las herencias, porque algo te había comentado en otra ocasión.
    Triste, pero el 99% de las discordias familiares, entre hermanos, se originan cuando realmente conocen los resultados del testamento.

    Un beso. Y como siempre, un placer leerte.

  2. Os testamentos son motivo de desputa, de enfados e de separación para moitas familias. Se xa pelexamos por un cacho de terra, que non se fará por unha herdanza.

    Un costume moi galego era que o fillo ou filla máis novo quedase a vivir na casa, coidase os pais e quedase tamén coa casa. Pero é certo que os problemas non veñen cando se fai o testamento, senón cando se abre!

    1. Onte mesmo. en Informe Semanal, falaban diso. A posibilidade de declarar xudicialmente a un fillo “non familia” cando podendo pasa do pai ou da nai. No caso de que te quedes na casa e que os pais tomen esa decisión, cando os demais cumpren na parte que lles toca, todos teñen, para min, dereitos hereditarios
      Saúdos.Óscar. Vémonos venres na presemtación do teu libro

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>