Gonzalo Trasbach. Seguindo o ronsel doutras grandes figuras do rock e do pop, como Bob Dylan, Neil Young, Aerosmith, Shaquira e Bruce Sprinsteen, entre outros, os herdeiros de David Bowie acaban de vender o catálogo das súas creacións musicais por un valor de entre 230 e 250 millóns de dólares á compañía Warner. A venda confirmouse poucos días antes de que se conmemorase o quinto aniversario do pasamento do artista británico, acontecido o 10 de xaneiro de 2017, e que nacera nun barrio de Londres un 8 de xaneiro de 1947. Seguir lendo O xoguete de David Bowie
Arqueoloxía no centro de Ribeira
Ezequiel Lago Mallo. A calquera veciño de Ribeira que se lle pregunte por algún elemento arqueolóxico da súa cidade, sen dúbida citará o Dolmen de Axeitos, a Pedra das Cabras ou o Castro da Cidade. Seguir lendo Arqueoloxía no centro de Ribeira
H2…Oh!!! Pingas científicas
Pilar Sampedro. Unha obra de María Canosa con ilustracións de Luz Beloso, publicada por Galaxia. Un libro de divulgación científica, deses que tanto precisamos na escola e en galego, que se presenta con esta alegría: “Sabías que os cascos protectores inventáronos os paxaros?, ou por que hai espellismos? A que non te decataras de que hai animais que nunca beben auga?, ou, por que o número pi é infinito e non remata nunca? Neste libro has atopar unha morea de curiosidades científicas relacionadas co noso día a día, pero que teñen un funcionamento moi complexo”. Seguir lendo H2…Oh!!! Pingas científicas
