O custo do poder

aFidel Vidal. A historia do poder está ligada ao control dos espazos. No século XVIII, os médicos foron en certa medida “especialistas do espazo. Propuñan catro problemas fundamentais: o dos emprazamentos (climas rexionais, natureza dos chans, humidade e  sequidade), o das coexistencias (xa fosen dos homes entre si; densidade e proximidade; xa fosen de homes e cousas Seguir lendo O custo do poder

Tren

pexels-photo-3229624Martina Rivas. Finxía ler. Sentada de pernas cruzadas, coas mans frías polo inverno e un abrigo empapado pola choiva, finxía ler unha nova historia mentres esperaba a que chegase o tren. O resto da xente falaba, esperaba en solitario, miraba o ceo preguntándose cando volvería o sol ou observaba a pantalla do móbil, pendente dalgunha conversación. Só cando estiven segura de que ninguén me prestaba atención alcei a mirada uns milímetros. As persoas deixan de comportarse con naturalidade cando saben que alguén as observa. Se son sincera, non teño claro cando comezou a miña obsesión por observar a xente que decide coller un tren. Seguir lendo Tren

Outro almanaque máis

almanaquesÓscar Reboiras. Alá vai outro ano. Sempre que toca tirar coa última folla do calendario, penso na miña nai. Ou máis ben nas súas cociñas. Na casa está a cociña vella, coa lareira, onde se fai o churrasco, os roxóns (en Rianxo chamámolos rexóns), onde se asan as castañas e se fan as fritadas de peixe. E despois está a cociña nova, co seu microondas e as paredes con plaquetas de flores. Seguir lendo Outro almanaque máis