Na praza Tahrir, verán de 2011

B09888Z2BX.01._SCLZZZZZZZ_SX500_Xerardo AgraFoxo. Entrar na Praza Tahrir era complicado se non actuabas con cautela. Ler esta obra devólvenos a aquelas incertas horas. Despois da morte de Naguib  Mahfuz, o Premio Nobel de Literatura de 1988, Alaa Al Aswani (O Cairo, 1957) é o narrador exipcio con máis proxección internacional, sobre todo polo éxito da novela levada ao cine co título de O edificio Yacobián. Este intelectual, que estudou odontoloxía en Chigago e castelán en Madrid, publica agora esta novela sobre a revolta que sementou a Primavera Árabe no seu país. A partir das historias de varias persoas da complexa sociedade cairota, o autor narra aqueles días de xaneiro do ano 2011. Seguir lendo Na praza Tahrir, verán de 2011

Sereas

pexels-photo-209620Marco Bravo Rodríguez. Hai unhas semanas lin nun artigo que a principal causa do inicio do consumo de alcol entre mozos é a presión da súa contorna social. Como se de súpeto recibise a inspiración das musas, e porque no fondo trátase do mesmo, non puiden evitar relacionar este feito coas melodías enfeitizadas que as sereas cantaban para obnubilar o corazón dos mariñeiros naqueles contos que lía de pequeno Seguir lendo Sereas

Diane Arbus, a estética do estrafalario

airbusFidel Vidal. Alguén pasa pola rúa e, de súpeto, de forma descarada ou con disimulo, convértese no obxectivo das miradas dos demais. A súa presenza non cadra nos canons cotiáns aos que estamos afeitos. Ou viste como un choqueiro fóra do entroido ou é excesivamente alto ou dá saltos que non veñen ao caso. Seguir lendo Diane Arbus, a estética do estrafalario