Marina Losada Vicente. Hai castelos difíciles de derrubar. Xaquín era un deses. Un cachimán. Atlético. Alto altísimo, ombros anchos, lombo recto, peito botado para diante… Un león paseando pola sabana. Unha besta perdoa vidas. Un animal de taberna ante o que retrocedías en calquera circunstancia, mesmo calado.
Berta era unha muller normal á quen a idade empezaba a empurrar cara atrás, os pés grávidos de mais e as mans baleiras.


