Xerardo AgraFoxo. Despois de Saturnal e Transición (pola que levou algúns cartos e un bo feixe de paus), aparece esta obra de argumento suxestivo: un home é recluído (sacáronme do apartamento de Conxo pola mañá, metéronme esposado nun furgón) nunha cadea da Audiencia Nacional (un dos piares do Estado de Dereito) acusado de cometer un delito de terrorismo: prenderlle lume a unha libraría. Nestes alxubes comeza unha confesión que, desbotando os propósitos das autoridades, se converte nun axuste de contas en que ninguén queda á marxe das súas rexoubas. Seguir lendo O día que lle puxen lume á libraría de vello
Pax romana en Bande
X. Ricardo Losada. O meu imaxinario sobre os romanos ten moito que ver tanto coas películas que vía no cine Rubén de Rianxo como co encontro e a procesión de venres santo aos que acudía de neno. Ningunha explicación académica posterior puido anular aquela impresión infantil. Seguir lendo Pax romana en Bande
Enchente
Fidel Vidal. A escrita ía de opíparos xantares, de óperas e operacións a corazón aberto, á beira dun canal, quer dicir, na canle dunha escura e nocturna beirarrúa. Agardamos pola quenda literal dos manxares a mans de leiteiras con poxa. Ou literarios? Só había que deitarse á espera dunha espléndida sesión de prosopopeas experimentais, compartidas coa cirurxía especializada en especias que adoban a maxistral pitanza –pitos e frautas Seguir lendo Enchente
Ultramarinos e balanceo
Marina Losada Vicente. Quixen convencelo de que o que declaraba como vendas, trimestre tras trimestre, non se sostiña. Menos do que pagaba de mercancías no mesmo período! Para que se dese de conta do seu erro, recomendeille anotar nun caderno os cartos da caixa diaria, en canto pechase a tenda de ultramarinos que tiña no baixo da casa. Seguir lendo Ultramarinos e balanceo