Zume de lima

Foto: Raquel Xallas
Foto: Raquel Xallas

María Xesús Blanco. É a súa boca. Ben o sei. A súa boca é a culpábel desta desorde. Gustaríame compartir con ela ese cóctel. O xeo desfacéndose no zume de lima. Os dous estamos a miles de quilómetros das nosas casas. Escóitase música de fondo. Ela está preto de min pero nin me ve. A súa pel está relucente. E no peito ese colar de perlas. Ela só permitirá un plano fragmentado do seu rostro. É difícil calcular as distancias cando un quere achegarse pero ao mesmo tempo ha de pasar desapercibido. O timbre suave da súa voz engaiola. E o da súa risa algareira tamén. Fala con uns e con outros. Escoita. Seguir lendo Zume de lima

Galicia e os galegos na poesía castelá CLVI. Frei Diego de Valencia

ae2214fdade622b8c1f57828b351aa2aRomán Arén. Foi Teodosio Vesteiro Torres o primeiro que, no século XIX, puxo a atención nun poema de Frei Diego de Valencia dirixido a Vasco Lopes, en realidade a Vasco Pérez de Camôes, pretenso pai do autor d’Os Lusiadas, que na Crónica de Juan I figura como galego, o mesmo que no Cancioneiro de Baena. Cren algúns, erroneamente, que o apelido Camôes é corrupción de Caamaño. Tamén o Marqués de Santillana cita este Vasco de Camôes, do que non conservamos obra, mais si a “pregunta” que lle dirixe Diego de Valencia, da que amoso un fragmento: Vasco Lopez, amigo, Dios vos consuele,/e mas vos ensalce e onrra e bien/que vos me digades de qual parte vien/desir siempre ¡ay! E nada non duele. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CLVI. Frei Diego de Valencia

Charo Lopes

O Escritor. Album_Charo_Lopes 169Pastor Rodríguez. Natural de Boiro, fotógrafa, xornalista e poeta. Colaboradora de Barbantia, en 2007 foi incluída polo seu concello natal no Catálogo de Novos Creadores do Barbanza. Licenciada en Xornalismo, na universidade de Compostela vencéllase ás loitas sociais e políticas cunha visión independentista. En Ourense fórmase como fotógrafa artística na ESAD Antonio Faílde e xa na Coruña cursa un Mestrado en Literatura, Cultura e Diversidade. No ano 2014 recibe o primeiro premio Xuventude Crea da Xunta de Galicia polo poemario Random. Do quotidiano e en 2015 gaña o Premio Fiz Vergara Vilariño con De como acontece o fin do mundo (2016) e logo o Premio de poesía Cidade de Ourense con Álbum (2020). Seguir lendo Charo Lopes

A casa de Fiódor en Moscova

9788412275421Xerardo AgraFoxo. A casa de Lev en Moscova, onde se refuxiaba no inverno, cos seus muros de madeira amarelos, a fermosa biblioteca, o coidado xardín e a bicicleta que aprendera a manexar con 60 anos, semella un abeiro amábel. A casa de Fiódor en San Petersburgo é un lugar máis triste, talvez porque garda nos seus cuartos os recordos dunha vida amarga. Sendo un mozo de ideas progresistas, Fiódor sufriu un simulacro de fusilamento, logo pasou dez anos de prisión e desterro en Siberia, onde conviviu con ladróns e asasinos. Cando tiña 18 anos, uns criados mataron o seu pai en vinganza pola súa brutalidade. Así se desenvolveu unha vida marcada pola angustia, o mal e o crime. Seguir lendo A casa de Fiódor en Moscova