Gonzalo Trasbach. Segundo conta a lenda, foron moitos os homes que pasaron pola vida de Ava Gardner: <El animal más bello del mundo>, como afirmou no seu día Ernest Heminway. O seu paso por España foi tórrido e ateigado de escándalos, soados escándalos con luz e taquígrafos. Chegou para rodar unha película, pero o noso país enganchouna coma un chute nas veas. Neste sentido dixo nunha ocasión: <Me encanta España, porque se parece a mí. Es violenta, rural y caprichosa>. Ava veu ao mundo nunha pequena vila de Carolina do Norte (USA) na alta noite dun 24 de decembro de 1922. De seguir entre nós acadaría os 99 anos o vindeiro día de Noiteboa. Seguir lendo Ava: a muller na sombra da lenda
Empate a domicilio
X. Ricardo Losada. Coñezo unha profesora nova na cafetería do instituto media hora antes de comezar as clases. Coméntame que é de Galego e vén substituír unha compañeira de baixa. Ao pouco de comezar a falar, e tras lle revelar eu que son de Rianxo, dime que vivo na segunda vila en importancia na literatura galega. Seguir lendo Empate a domicilio
Como saír do cuarto de arquivo
Marina Losada Vicente. Propúxenlle, con total convicción, saír pola ventá. Pareceume do máis natural, estando como estabamos na planta baixa do edificio, cunhas paredes de pedra, anchas, que invitaban a ser cruzadas. De principio non lle pareceu mala idea… Seguir lendo Como saír do cuarto de arquivo
Da emoción na arte
Fidel Vidal. Thomas Wolfe nunha das súas novelas relata: “Alguén sae pola mañá e sente un aire fresco; chégalle un olor de calquera cousa, digamos que de pan tostado: hai un complexo de sensacións”. Ou olor a herba cortada, a coiro, cuarto pechado, a cocido de marisco, a fume. “Que devén cando morre o que o experimenta? Ou cando fai outra cousa? Que devén?”. A arte dá unha resposta. Seguir lendo Da emoción na arte