Como saír do cuarto de arquivo

descargaMarina Losada Vicente. Propúxenlle, con total convicción, saír pola ventá. Pareceume do máis natural, estando como estabamos na planta baixa do edificio, cunhas paredes de pedra, anchas, que invitaban a ser cruzadas. De principio non lle pareceu mala idea… Pablo gardaba no peto da chaqueta a chave da porta de entrada ao concello.

Quedaramos en vernos e, por problemas de axenda, a xuntanza foi ao rematar o meu traballo. Dúas horas despois, polo acalorado do encontro, o despacho quedounos pequeno e saímos ao corredor, onde apousamos un pouco, a modo de intermedio.

Unha ventá bateuse por unha corrente de aire. Pablo foi pechala e eu, en plena argumentación, seguino. Antes de alcanzala, a porta co cuarto pechouse. E alí quedamos os dous, sen poder saír, dentro do arquivo municipal. Berrar parecía pouco oportuno, sendo case as once da noite dun mes de decembro, con toda a veciñanza recollida nas súas casas. Ningún de nós tiña teléfono, quedaran enriba da mesa, alternativa?  Apaguei a luz do cuarto -son incapaz de deixala prendida- e no momento no que sentaba o cu na ventá, Pablo, que xa imaxinaba o vídeo da cámara de seguridade colgado en internet, retenme:

-Que dirá a xente se ven saír o alcalde e á xefa de oposición, ás escuras, por unha ventá do arquivo municipal? Explícalle ti que estabamos discutindo os orzamentos!

7 comentarios en “Como saír do cuarto de arquivo

  1. Marina:
    Siempre hay alguien al otro lado del café. Yo suelo hacerlo tarde, mal y a rastras. Y cuando lo hago, es con tanto “sigilo” que ni se nota.
    Sois un grupo de estupendos escritores y para contestaros hace falta una amplísima cultura, pero para ello está nuestra querida y apreciada Magdalena, que contesta a todas las entradas, de unos y otros, con una gran maestría.
    Es un placer leerte.
    Afectuosos saludos, desde Palmeira.

  2. Marina:
    Siempre, haciéndonos pasar un buen rato con tus simpáticos relatos.
    La que se armaría, si el alcalde y la jefe de la oposición, salieran por la ventana del Archivo Municipal y además por la noche. Sería un “toletole”, al día siguiente, por todo el pueblo.
    Como para creer que estaban hablando de los presupuestos.
    Me agrada leerte.
    Un beso.

  3. Ao día seguinte, ardería ata a veleta do concello. E seguro que saliría tamén en “El Corriere della Sera”.
    Ai que bo, Marina!!
    Moitos biquiños, e segue así.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *