A casa de Fiódor en Moscova

9788412275421Xerardo AgraFoxo. A casa de Lev en Moscova, onde se refuxiaba no inverno, cos seus muros de madeira amarelos, a fermosa biblioteca, o coidado xardín e a bicicleta que aprendera a manexar con 60 anos, semella un abeiro amábel. A casa de Fiódor en San Petersburgo é un lugar máis triste, talvez porque garda nos seus cuartos os recordos dunha vida amarga. Sendo un mozo de ideas progresistas, Fiódor sufriu un simulacro de fusilamento, logo pasou dez anos de prisión e desterro en Siberia, onde conviviu con ladróns e asasinos. Cando tiña 18 anos, uns criados mataron o seu pai en vinganza pola súa brutalidade. Así se desenvolveu unha vida marcada pola angustia, o mal e o crime. Tamén asistiu a morte da súa primeira muller, María Dimitrieva, e a de dous fillos coa segunda, Anna Grigorievna, a sufrida secretaria que o rescatou dunha andaina ateigada de amoríos compulsivos e débedas contraídas por culpa do xogo con familiares, amigos e editores. A vida de este home consumido polas dores de moas e a epilepsia pode lerse agora en Dostoievski, unha rigorosa biografía de Virgil Tanase. Cando se cumpren 200 anos do seu nacemento coñecemos polo miúdo os seus continuos tormentos, ningún comparábel como aquel diante dun pelotón de fusilamento, cando o vestiran cunha mortalla, lle ataran as mans a un poste e lle cegaran os ollos cun pano negro.

Un comentario en “A casa de Fiódor en Moscova

  1. Prezado Xerardo:

    Hai un relato curto de Santiago Posteguillo que se chama “Veintiséis días” que a mín me impresionou. Nese libro conta como un xenio coma el, mentres seguía publicando por capítulos “Crimen y castigo” foi capaz de escribir en vinteséis días “El jugador”.

    A esa ludopatía compulsiva debemos que Dostoyesvski escribira unha longa serie de obras maestras da literatura universal.

    Non me estraña que tivese dores de moas pois empeñara o abrigo para poder comer e apenas tiña leña para quentarse.
    Tuvo moi mala sorte, sen embargo para nós, para millóns de lectores foi unha bendición.
    A vida é, cando menos, contradictoria.

    Unha aperta, Xerardo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *