X. Ricardo Losada. Desde que escribín en Café Barbantia un artigo sobre as quimeras biolóxicas, soñei varias veces con elas. Porcas con ollos de Sofía Loren, Sofía Loren coas pernas dunha porca, ratos co pene de Brad Pitt, Brad Pitt co pene dun cabalo, Einstein co bigote dun rato, un rato co cerebro de Einstein. O outro día presentóuseme un xenio con lámpada e concedeume tres órganos dos animais que quixese, sempre que escollese os primeiros que me pasasen pola cabeza. Seguir lendo A quimera de Dorothy Parker
Gary Snyder: A práctica do salvaxe (II)
Gonzalo Trasbach. Marzo de 1997. Sentado na mesa comunitaria da súa casa, aló en Kitkitdizze, recibiu a terrible noticia do cancro de Allen Ginsberg. Relatan os que o visitan que, pese a que os anos o afogan un pouco, conserva o paso firme e mantén unha aura benigna, coma o clima da terra que habita e á que se sente atado. Foron os poetas que sobreviviron ao renacemento de San Francisco a finais dos 50 e principios dos 60 os que inventaron unha marca de éxito. Identificóuselles filosofías e estilos de vida moi atractivos para os medios de comunicación e o mundo académico. Gary ficou fóra deses círculos. O discurso da simplicidade (vivir voluntariamente en espazos salvaxes) non era fácil de “vender”. Seguir lendo Gary Snyder: A práctica do salvaxe (II)
Gary Snyder: A práctica do salvaxe (I)
Gonzalo Trasbach. Trece de agosto de 1956. Navegaban barcos na noite. Facían soar con insistencia as súas sirenas e os homes daban berros sobre as súas cubertas. Buscaban un eco, unha referencia. Avanzaban ás cegas. Un manto de densa néboa agochaba o mar. No porto, as mulleres contestaban, entre prantos, golpeando con paus tarteiras, caldeiros e outros aveños. Nós, asomados ás fiestras das nosas casiñas, chorabamos, chiabamos e chamabamos por nosas nais e pais. Seguir lendo Gary Snyder: A práctica do salvaxe (I)
Un xurista noiés
Pastor Rodríguez. Non faltaron os xuristas, maxistrados e especialistas en Dereito na bisbarra do Barbanza, e entre eles destacou Gerardo Doval Rodríguez, nacido en Noia en 1861 que, ademais de estudar Medicina, foi doutor en Dereito e tivo gran presenza na política española da época da Restauración, sendo deputado liberal nas lexislaturas de 1905, 1916 e 1923, ademais de senador por Teruel en 1919.