No mar dos Areos

A peza «Pedra» ten unha breve incisión executada pola man do artista
A peza «Pedra» ten unha breve incisión executada pola man do artista

Manuel Teira. Hai veces que a memoria non se sostén. Acontece coma co tempo, todo fica moi aló, coma se ese percorrido vital xamais se puidese desandar, coma se todo perdurase no silencio, e entón algo nos sacode e xorde esa físgoa perforando o ébano, os penedos… Algo resucita, como se un fogonazo de luz nos traspasase os ollos e, daquela, todo volve ser novo: a paisaxe, as estancias… Seguir lendo No mar dos Areos

Orquestra sen partitura

1a1faf94124615e4fb6cc5df826a9610Marina Losada Vicente. O home que entra no comedor é o director do meu cole. Non é un director de músicos como o que vin coa miña avoa. O director do meu cole aplaude, como faciamos nós cando paraba a música. O director do meu cole aplaude e grita silencio para que os nenos e as nenas esteamos calados e poidamos escoitar cando nos chaman polo nome.

A avoa está no propósito de que lle pida a Papá Noel un instrumento. O neno está na idea de ser director de orquestra, si, pero só precisa un pau e un banco ao que subir. E público. Sobre todo público, cousas ambas que non acostuma a ter o saco de Papá Noel. Seguir lendo Orquestra sen partitura

Os días D (…do desembarco)

escritorasPilar Sampedro. Sempre ás voltas cos días d ou días D. Esta vez tócame falar do Días das Escritoras. Esta celebración vai pola sexta edición. Nace da Biblioteca Nacional deEspaña co obxectivo de reivindicar o labor e o legado das escritoras ao longo da Historia. Na Biblioteca Nacional, cada ano encárganlle o manifesto a unha escritora (neste, á poeta e filósofa Marifé Santiago Bolaños) Seguir lendo Os días D (…do desembarco)