Francisco Landeira Sevilla, un bispo nado en Ribeira

O Escritor. Carta_pastoral_Francisco_Landeira_Sevilla[1889]Pastor Rodríguez. Nado en Ribeira o 23 de maio de 1804, Francisco Landeira e Sevilla ocupou Cátedra de Dereito Canónico na facultade de Teoloxía de universidade de Granada cando só tiña 23 anos. En 1829 pasou á cátedra de Madrid, onde permanecerá ata 1850. Máis tarde foi bispo de Teruel, lugar no que comezou a publicar os seus escritos pastorais dende 1850, entre eles a Carta pastoral del Ilmo. Sr. Don Francisco Landeira y Sevilla al clero y pueblo de su diócesis (Teruel, 1853). En 1861 pasou a ser bispo de Murcia, cargo que ocupou ata a súa morte en Lorca o 15 de setembro de 1876, aínda que en 1872 estivera nomeado para ocupar a sé da Habana. Seguir lendo Francisco Landeira Sevilla, un bispo nado en Ribeira

Que é iso que chamamos felicidade?

978841782449Gonzalo Trasbach. Se a memoria non me falla, coido que foi Jacques Lacan quen nalgunha ocasión tiña dito que probablemente non había ninguén neste noso mundo que puidese definir cun mínimo de precisión que é iso que chamamos a felicidade, iso que parece que os humanos estamos obrigados a buscar coma se fose un imperativo categórico que debemos cumprir como sexa. Doutro lado, lembramos que desa palabra, partíndoa pola metade, obtivo a poeta Olga Novo o título do seu último e fantástico poemario: Feliz Idade. Neste libro hai na primeira páxina unha cita de Jorge Luis Borges fabulosa, como fabulosa é toda ou case toda a obra do arxentino. Seguir lendo Que é iso que chamamos felicidade?

Linn, Ingmar e Färo

9788412302165Xerardo AgraFoxo. Esta é a historia dun home particular. Un home que dubidada da existencia de Deus, pero consideraba que detrás de Bach estaban as mans dun Ser superior. Un día decidiu refuxiarse nunha illa inhóspita, onde as praias fican ateigadas de croios, as chairas son terras ermas e hai máis ovellas que veciños. Naquel abeiro, espido e solitario, levou unha vida ascética, con baños nas augas xeadas, percorridos en bicicleta polos carreiros de grava e cotiás viaxes a outra illa para mercar xornais. Pasaba as horas vendo películas, debullando os seus libros favoritos e tecendo cunha caligrafía retorcida as súas memorias. Era un home moi estrito e puntual. Cando un día chegou tarde a unha cita, a filla máis nova presentiu que axiña morrería. Seguir lendo Linn, Ingmar e Färo