Gonzalo Trasbach. Se a memoria non me falla, coido que foi Jacques Lacan quen nalgunha ocasión tiña dito que probablemente non había ninguén neste noso mundo que puidese definir cun mínimo de precisión que é iso que chamamos a felicidade, iso que parece que os humanos estamos obrigados a buscar coma se fose un imperativo categórico que debemos cumprir como sexa. Doutro lado, lembramos que desa palabra, partíndoa pola metade, obtivo a poeta Olga Novo o título do seu último e fantástico poemario: Feliz Idade. Neste libro hai na primeira páxina unha cita de Jorge Luis Borges fabulosa, como fabulosa é toda ou case toda a obra do arxentino. E di así: <He sospechado alguna vez que la única/ cosa sin misterio es la felicidad, / porque se justifica por sí sola>.
Agora temos entre as mans un novo tratado sobre iso que ás veces, cando nos roza levemente, fainos brillar a cara e os ollos: Dous escritos sobre a felicidade, un volume do que é autor Marcos Lorenzo (A Coruña, 1970), publicado por edicións Embora. Partindo de que o concepto “felicidade” ten un marcado acento polisémico, o economista coruñés tenta unha análise antropolóxica sobre unha cuestión que foi mudando de pel e de contido ao longo da historia da humanidade. Deste xeito, Lorenzo comeza o seu percorrido histórico na Grecia clásica até chegar aos tempos actuais.
En tal sentido, aparece inevitablemente o nome de Aristóteles, quen, na Ética Nicomáquea, di que a contemplación ten que ser algo así como instantánea: <Pequeña en volumen, aunque grande en dignidad>, do mesmo modo a felicidade só pode ser unha tendencia, <irrealizable plenamente entre los mortales>. Naquel entón a idea tiña como finalidade acadar o dominio dun mesmo e ademais a busca da harmonía espiritual. Co paso dos séculos a noción foi mutando coas distintas épocas da historia humana. Actualmente, na nosa era, o significado hexemónico do concepto equipara a felicidade co máximo benestar subxectivo do individuo.
Nese sentido, o libro confirma que na esfera académica e intelectual non se dá unha delimitación precisa, rigorosa, entre felicidade, benestar e satisfacción. Neste punto, o autor do magnífico Liquidación de existencias (2005), destaca as posicións dos economistas da felicidade, que analizan os vínculos entre o benestar da poboación e certas variables económicas, mentres que os psicólogos positivistas falan fundamentalmente das actitudes, situacións e técnicas máis apropiadas para acadar maiores niveis de felicidade.
Hai ademais neste libro de Marcos Lorenzo un apartado dedicado a pescudar o grao de malestar na nosa sociedade, centrado de xeito especial na comunidade galega, comunidade que, segundo as estatísticas que manexa o autor, sae moi mal parada en indicadores coma: taxa de suicidios, nivel de satisfacción coa vida, índice de calidade de vida e consumo de psicofármacos (tranquilizantes e antidepresivos).
Cun prólogo moi ben fiado de Ángel Enrique Carretero, un dos máis destacados teóricos sociais de Galicia, a obra inclúe na súa parte final o resultado dunha enquisa que Marcos Lorenzo realizou entre coñecidos, amigos e compañeiros en Santiago de Compostela, na que interroga os participantes en cuestións tales coma a felicidade, o amor, o traballo, a alegría, a liberdade, a sabedoría, o sexo, a angustia…., conceptos que o autor considera claves nas conversas entre amigos e que á vez son o eixo sobre o que xiran multitude de libros, películas, cancións e mesmo algúns discursos políticos. O volume vai ser presentado o vindeiro día 10 (venres) no Centro Social de Boiro.
Gonzalo:
Agradezco tu atenta respuesta a mi comentario.
Te lo merecías, por la magnífica versión que has hecho sobre la actriz, Ava Gardner.
Respecto a Frank Sinatra quise mencionarlo, también, pero me pareció un personaje tan “esmirriado”, que no me llamó la atención.
Lo extraño, como dije, es que esta mujer se fuera con Mickey Rooney, porque además de bajito, era un bocazas y un punto hortera. Sin embargo, para esta mujer, al parecer, solo contaban los penes XXXL. Y no lo que los hombres pudieran aportar como personas.
Para pensar que, después de estar con ella estos “hambrientos” del placer, salieran de su lado como el Gallo de Morón: sin plumas y “cacareando”.
Termino, no sin antes desearte unas muy Felices Fiestas de Navidad.
Bos días, querido amigo Gonzalo:
Hoxe como temos que saír e acabo de lerte, aproveito este momentiño para darche as grazas por avisar da presentación do libro de Marcos Lorenzo. Parece moi interesante, se non se presenta ningún inconveniente procurarei estar alí.
O tema dá moito de si. Hai un dito sobre a felicidade que reza así: “O diñeiro, que debería servir para facer a felicidade dos homes, moitas veces desfaina”. E hai outro de Oscar Wilde que di: “Un home pode ser feliz con calquera muller mentres no na ame”. Xa coñecemos a Wilde, por eso o perdoámos.
Moi boa entrada, Gonzalo. Agora xa te deixo que teño un pouquiño de presa.
Unha forte aperta.
Bo día, amiga Magdalena. Pequeno en volume pero enorme en xenerosidade, así é o teu comentario. Moito obrigado, de todo corazón.