Marina Losada Vicente. Nunca che pedín desculpas polo silencio que tanto me incomodou no seu día. Cando me tirei ao mar para traer á terra o teu corpo, fíxeno pensando que era o dun home de oitenta e cinco anos que acostumaba a pescar nese peirao. Ao turrar pola prenda de abrigo que cubría o teu corpo, descubrín que debaixo había unha muller miúda cun suxeitador violeta. Seguir lendo Sen enderezo
Seis centos ao cadrado
Domingo Regueira. Cando a velliña chegou a ABANCA onde tiña os seus aforros e domiciliada a pensión, a piques estivo de darlle un soponcio ao ver a porta pechada e un folio que poñía: “Mudámonos a Santa Uxía”.
A mulleriña fixo un espavento de reviravolta –como a “Repu”– e, agarrada ao báculo, quedou coma Sara. Seguir lendo Seis centos ao cadrado
O can de Dieste
X. Ricardo Losada. Conta Luís Rei Núñez na súa biografía que Rafael Dieste foi aprender as primeiras letras ao parvulario da señora Fanchuca, unha muller chapada á antiga que, como era habitual naqueles primeiros anos do século XX, utilizaba métodos violentos, como zorregar cun pau na man a quen non sabía soletrear unha palabra. E que, cando pasou á escola nacional, onde tivo un mestre con métodos máis modernos, consciente de que aquelas clases si lle aproveitaban, ao chegar á casa dixo: “Vedes como o torpe non era eu? Torpe era quen non sabía ensinar”. Seguir lendo O can de Dieste
Zapatillas deportivas
Fidel Vidal.
Primeiro deberon ser as chinelas de coiro e as sandalias. Tratábase de defender os pés descalzos, de calzarse. E se a historia das palabras non minte, o calcetín adiantouse ao zapato como calzado, xa que logo, calzado vén de calzas. Unha maneira de cubrir os pés e engadir unha peza cerrada sen pasar da canela. Despois viñeron os tacóns. Velaí os zocos, ou mesmo nos zapatos. Pisar forte, çapat. Coa chegada da industria, comezouse a producir calzado en serie e, coa mesma, a desaparición do gremio de artesáns. Seguir lendo Zapatillas deportivas