Un premio a ter en conta

PuraeDoraVazquezPilar Sampedro. Hai premios que non dan acadado a difusión que merecerían aínda que só fose porque acadalos leva implícito a súa publicación, ademais dun importe económico importante. Hainos que, incluso, se subdividen ou multiplican porque unha vez seleccionado o texto ábrese un novo certame para escoller quen vai realizar a ilustración. Si, estou a referirme ao Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Pura e Dora Vázquez que promove a Deputación de Ourense en lembranza desas dúas irmás que foron pioneiras no campo da Literatura Infantil e Xuvenil Galega. Seguir lendo Un premio a ter en conta

En espera, un tratado sobre unha violencia perfecta

9788412113662Gonzalo Trasbach. Despois de dous amplos libros anteriores, Ética da desorde e Choiva  oblicua, en cuxas páxinas podemos atopar momentos dunha potencia reflexiva e poética pouco frecuentes, Ignacio Castro Rey (Santiago, 1952) regresa á súa querenza anterior, unha aceda belixerancia con esta normalidade social, falsamente interactiva e horizontal. Castro actualiza agora unha enérxica crítica que se nutre dun optimismo existencial condensado nun formato breve, aínda que non menos contundente: En espera. Sobre a hipótese dunha violencia perfecta ( LaOficina). Perfecta, suxire este ensaio, porque se personalizou, combinando uns malos tratos globais de fondo co espectáculo das identidades narcisistas. Seguir lendo En espera, un tratado sobre unha violencia perfecta

Décimas de segundo

71150219_1Marina Losada Vicente. Cando sobe no autobús interurbano decátase de que lle quedou un libro na marquesiña. Baixa a recollelo e atópase cun veciño, novo na súa vila, que se ofrece a levala. Silvana, que sempre anda axustada de cartos, dille que si.

Xa no coche -arrancou o autobús-, o condutor pregúntalle, amable, se ten présa. El non é de autoestradas, irán pola estrada. A medio camiño, colle un desvío que a rapaza non sabe a onde leva. Seguir lendo Décimas de segundo