Román Arén. O noiés Manuel López Rodríguez (1978) gañou o II Premio de Poesía Eduardo Pondal con este breve poemario de vinte e cinco “sagrados”, outorgado por un prestixioso xurado formado por Luciano Rodríguez, Teresa Seara, Miguel A. Mato Fondo, Monteserrat Yoldi e Xulio López Valcárcel. Membro do Colectivo Sacou, fotógrafo, pintor e editor, é autor doutros poemarios como Rompe ou Desde onde non nace e gañador de premios como o López Ardeiro, o Concello de Carral ou o Suso Vaamonde. A unha temática amorosa inicial, non lonxe de certo neorromanticismo (“Voando arredor túa; amándote tanto, penetrando na / porosidade da vestimenta…” Seguir lendo Vangarda ule, de Manuel López Rodríguez →