Premio Arume de poesía para infancia

logo_arumePilar Sampedro. O Premio Arume de Poesía para a Infancia foi convocado este ano (o 21 de marzo, Día da Poesía) por parte da Fundación Neira Vilas e a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX) co patrocinio de Deleite.

A Fundación Neira Vilas convocou este premio e o Estornela de Teatro ao logo de oito anos (entre o 2001 e 2015), demostrando así que unha fundación no rural e pobre era quen de traballar compensando (ata onde lle era posible) as fallas das publicacións infantís. Seguir lendo Premio Arume de poesía para infancia

Miradas no camiño

soymimarca_identidadMarina Losada Vicente. Chamábaste Mariano a mañá que te vin, por vez primeira, sentar na porta da túa casa e decidín, sen preguntar a ninguén, que eras mariñeiro, prexubilado e forte coma un buxo. Chamábaste Mariano no tempo no que alumabas o meu camiño ao traballo, cun sorriso claro e tenro, reclamando a miña atención como un adorable oso panda. Chamábaste Mariano cando empezaches a cubrir a cabeza cunha gorra, perdida a mirada, esvaecendo día a día a propia sombra. Seguir lendo Miradas no camiño

Bailarina espírito

Goretti amosa nas vitrinas recortes de cristal-cor que integra nos seus traballos
Goretti amosa nas vitrinas recortes de cristal-cor que integra nos seus traballos

Antonio Piñeiro. Cheguei á nova sala-obradoiro de Goretti Bello contra as dez e media. Coma quen di, estaba comezando o día. Pero ela ía xa a pleno pulmón. Enriba da súa mesa de traballo, no medio e medio da exposición, había unha cunca de chocolate e as follas bosquexadas das súas novas obras. Decateime da deliciosa música que tiña posta de fondo. Moby. Creo que era Porcelain. Non o busquei. Seguir lendo Bailarina espírito

O ouro dos necios

O parecido da pirita co nobre metal deu pé a moitos enganos
O parecido da pirita co nobre metal deu pé a moitos enganos

Jose Lires. Sofía anda estes días enleada cos minerais. A súa profesora do instituto, Raquel, como xa fixera Santi tres anos antes con Diego, aborda o tema do mundo mineral cun entusiasmo inusitado nunha especialista na materia viva. Sorpréndeme tanta positividade ao redor das substancias inertes. Seguir lendo O ouro dos necios