X. Ricardo Losada. Non hai moito publiquei un artigo en La Voz de Galicia no que falaba dun compañeiro de equipo homosexual que se corría cada vez que os outros membros do equipo o abrazaban tras meter un gol, e mesmo indicaba que tiña un membro viril de gran tamaño. Teño moitos anos pero debo recoñecer que cada vez que escribo un artigo así, penso nos cregos da miña infancia e, antes de mandalo, sempre me veñen remorsos á cabeza Seguir lendo Lavado de remorsos
O xardín dos frades, de Manuel Azaña
Fidel Vidal. Ninguén está libre de prexuízos, maiormente quen viviu nunha época escura -mesmo en tempos de (in)certa claridade- e non ser quen de coñecer un escritor como Manuel Azaña, supón unha lamentable carencia e unha dupla inxustiza. Foi Premio Nacional de Literatura por Vida de don Juan Valera, e a primeira publicación da novela O xardín dos frades –obra que admirada Pedro Salinas- Seguir lendo O xardín dos frades, de Manuel Azaña
Novela de resistencia
Román Arén. Antonio Piñeiro gañou con esta novela curta o VII Premio Cidade Centenaria de Ribeira en 2019. Unha novela que criticamente hai que situar no mapa das novelas de resistencia, é dicir, das obras que amosan o enfrontamento da sociedade galega coa represión fascista. Seguir lendo Novela de resistencia
Rosalía de Castro
Xerardo AgraFoxo. Leo este libro de Teresa Candal (A Coruña, 1975) mentres se coñece unha descuberta importantísima para todo o «rosalianismo»: o achado por parte da investigadora Sagrario Abelleira no Arquivo Histórico Diocesano de Madrid do expediente matrimonial inédito da escritora con Manuel Murguía datado en 1858. Entre os documentos inclúese a declaración notarial feita en xuño de 1843 pola súa nai, Teresa de Castro, na que afirma que a data de nacemento de Rosalía é o 23 de febreiro de 1837, e non o 24, como se viña conmemorando facéndoo coincidir co día do bautizo. Seguir lendo Rosalía de Castro