Román Arén. Antonio Piñeiro gañou con esta novela curta o VII Premio Cidade Centenaria de Ribeira en 2019. Unha novela que criticamente hai que situar no mapa das novelas de resistencia, é dicir, das obras que amosan o enfrontamento da sociedade galega coa represión fascista. Estas novelas de resistencia poden agruparse en distintas variedades: guerrilla, fuxidos, cárcere… Celada debe pórse en relación con O ventre do silencio ou Memorias do diaño de Bouza Álvarez polo espazo físico (Compostela), pola temática do estudantado resistente ao franquismo e mesmo polo punto de vista elixido. Aínda así, a orixinalidade desta obra vénlle dada polo estilo inconfundible do autor, a capacidade evocativa dun tempo, e o final ben logrado.
«Celada»
Antonio Piñeiro
Xerais (Vigo, 2020)
103 páxinas
Bos días, Román:
Fai aproximadamente unhas tres semanas que ma regalaron pero aínda non lle tocou o turno para poder disfrutar dela. Farei un oco e colareina na ringleira que está á espera.
Moitas grazas pola recomendación.
Un cariñoso saudo dende Palmeira.