O xardín dos frades, de Manuel Azaña

0f8a517c876e581e314b3c9b529d3fc4_LFidel Vidal. Ninguén está libre de prexuízos, maiormente quen viviu nunha época escura -mesmo en tempos de (in)certa claridade- e non ser quen de coñecer un escritor como Manuel Azaña, supón unha lamentable carencia e unha dupla inxustiza. Foi Premio Nacional de Literatura por Vida de don Juan Valera, e a primeira publicación da novela O xardín dos frades -obra que admirada Pedro Salinas-,apareceu por entregas na revista La Plumaen 1921. Facendo alarde dun léxico depurado e, segundo Ignacio Garmendia, cunha “sintaxe impecable”, describe a experiencia dun adolescente nun internado relixioso –os “agustinos de El Escorial”- na que, ademais de tomar conciencia de si mesmo -Comecei a saír de min mesmo, e tal é a débeda máis grave que teño con El Escorial”-, e de se enfrontar a esa realidade, “denuncia a educación disciplinada e ancorada no pasado”.“Nos Escolapios pegaban con vara; nonoso, quen máis, atrapaba media ducia de correadas”.

Abonda en descricións da flora do xardín e da contorna. “Abraioume a paisaxe. A obra humana, o mosteiro, quedaba aparte, inintelixible, non sei se diga hostil”. O pase polo colexio -que lle deixará “un sabor a cinza”-, supón a “suspensión temporal da vida propia”, debido “máis que nada ao sobresemento na cultura da intelixencia”. Así “Carlos Arniches suplía a Racine, e nel aprenderon refutar a Kant, a Hegel, a Compte, “e a tantos outros”. As preferencias dos mestres ían por camiños ben distintos. Ois prosma en castelán, ese raposeiro Gracián, baturro xesuíta, tolo de vaidade porque ten talento ¡caso inaudito!, que suscitao propósito de se facer valer na vida sobre expedientes de astucia”. “Só é orixinal a emoción poética, pena de non existir”.

51qwFlng3dL._SX195_Antes de aprender a diferencia de clases, “pareciamos iguais na escola. Que cambios de rumbo despois!”. Misas, rosarios, confesións, a alma en pecado, os xexúns, as vixilias, as comuñóns, e é por iso que unha criatura visitada pola gracia “non podía menos que desexar morrer nese intre”. Como zafarse, ese era o reto. “A intelixencia, escrava; as paixóns, segadas en verde; observante, por prudencia humana: tal foi a miña arte. Aceptar o credo por molicie sabíame a corrupción”. E o amor á vida, segundo Azaña, “medra en forza e nobreza coa madurez do espírito”.

Non podo esquecer, por razóns de paisanaxe, o parágrafo dedicado ao pianista, un compañeiro galego, “un estudante pontevedrés, retranqueiro, sentimental, cacique dun grupo de colexiais, aos que acertou inocular a morriña galaica. Moitas tardes do curso, acabadas as clases, daba pábulo á súa mansa tristeza arrancando ao piano hora tras hora muiñeiras e alboradas. Tres ou catro dos seus colegas asistíamos ao rito. A música lánguida e o acento queixoso das cancións, que eran como uns lamentos e uns ais, metíannos o corazón nun puño”.

2 comentarios en “O xardín dos frades, de Manuel Azaña

  1. Boas tardes, Fidel:
    Eu aínda recordo tamén cando nos pegaban cunha regra nos cotelos. A dicir verdade a mín tocoume poucas veces porque como era das máis retrasadas da escola, estaba sentada nas filas datrás e aínda que falase ca miña compañeira de mesa pasaba máis desapercibida e librábame do castigo.

    Os xexúns e vixilias só as recordo na casa por Venres Santo. Non eramos moi dóciles polo que eu penso.

    Pero recordo unha anécdota dun productor de cine que lle quixeron tumbar un proxecto e moveu influencias hasta conseguir que o mismo Arias Salgado o recibira no despacho. Díxolle que movera moitos cartos e que se non podía seguir rodando a película,que se arruinaría.
    A resposta do ministro foi: “Usted se arruinará, pero que conste que yo le he salvado el alma, que es más importante que la hacienda”.

    Menos mal que ese pasado xa levou áncoras e a PEANA quedou en APNEA. Todos sabemos nadar.

    Moitos castos biquiños.

    1. Canas da Habana, paus axeitados, borradores de pizarra, labazadas, de xeonllos, etc., todo canto respondera á máxima “A letra con sangue entra”. Os mellores días da escola que eu lembre eran os xoves: pola mañá Debuxo e libres pola tarde.
      Para Magdalena, castañas e castas apertas. E de postreTRATA coa TARTA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>