Lavado de remorsos

Seal prohibido insultarX. Ricardo Losada. Non hai moito publiquei un artigo en La Voz de Galicia no que falaba dun compañeiro de equipo homosexual que se corría cada vez que os outros membros do equipo o abrazaban tras meter un gol, e mesmo indicaba que tiña un membro viril de gran tamaño. Teño moitos anos pero debo recoñecer que cada vez que escribo un artigo así, penso nos cregos da miña infancia e, antes de mandalo, sempre me veñen remorsos á cabeza, incluso un forte sentimento de culpa. Pero como podes falar desas cousas! Pero como podes estar a favor dos homosexuais! Vade retro! Vade retro! Vade retro! Os lavados de cerebro que sufrimos na infancia nunca se desterran da nosa mente, e a madurez consiste en ser quen de superalos, e mandar o artigo libre e orgullosamente.

Outra cousa é cando utilizo unha linguaxe, digamos, en termos da miña época, porca ou basta ou de malfalado. Pirola. Collóns. Cona. Vai tomar polo cu. Éntrame outro tipo de remorsos ou de sentimento de culpa. Meus pais traballaron moito para darme unha carreira e tiveron que sufrir que o fillo cambiase as súas vocacións deportista e matemática de toda a adolescencia por unha repentina vocación filosófica que non sabían moi ben en que consistía, pero que, de seguro, asociaban a alta cultura, alta linguaxe, alta visión do mundo. Así, cada vez que escribo nun texto a palabra picha ou a expresión Vai ao carallo, cabrón, non podo evitar a imaxe mental de miña nai e meu pai mirándome consternados. Coa cantidade de cousas das que hai que falar, coas innumerables formas bonitas de dicir que existen na historia da literatura, por que tes que escoller precisamente esa?

É unha moi boa pregunta, mamá; é unha moi boa pregunta, papá. Xa que logo, intentarei darvos unha moi boa resposta. E esa moi boa resposta é que hai unha fortísima tendencia en min a unir cousas que en principio son antagónicas, e unha firme convicción de que é unha calidade imprescindible para evitar o sectarismo. Na facultade encantábame ser o alumno de filosofía (hoxe non, pero, daquela, fútbol e filosofía eran incompatibles) ao que lle gustaba o fútbol. Nos vestiarios dos equipos de fútbol nos que xogaba, encantábame ser o dianteiro que lía libros de filosofía. Pásame o mesmo como escritor. Encántame escoitar as palabras malsoantes dun amigo de infancia nun texto de Nietzsche sobre a moral de escravos. Encántame percibir nun chiste retranqueiro dun amigo de infancia a risa escéptica do filósofo francés Montaigne.

6 comentarios en “Lavado de remorsos

  1. Apreciado profesor:
    Desconocía de tal manera la palabreja de la “jichadura” que ortográficamente la puse mal, cuando en realidad la tenia escrita con “jota”. Me pareció que con “ge”, no sonaba tan fuerte, tan desagradable.
    Disculpa mi metedura de pata.

  2. Prezada Naty:

    A prohibición das palabras malsoantes na nosa época tiña un problema parecido ao das prohibicións de fumar e de beber. Que viñan de persoas que fumaban e bebían, e que cando fumaban e bebían era cando máis desfrutaban.

    Non creo que unha persoa que evite dicir tacos sexa cursi. Ser cusi depende máis do como que do que. Seguro que coñeces persoas que din tacos e son moi cursis, e persoas que falan sen eles e non o son.

    En Rianxo tamén utilizabamos esa palabra, “jichar”, co significado que ti lle dás. Pero, sobre todo, cando non “jichabamos” nada. Co tempo aprendemos que eran máis eficaces outros conceptos máis, digamos, poéticos. E “jichabamos” máis.

    Grazas polas túas palabras.

    Unha aperta rianxeira!!

  3. ¡Menuda lista, repertorio de palabras malsonantes!
    Muy vulgares diría yo, pero conocidas, aunque no practicadas, porque la educación tan “severa” que nuestros padres nos inculcaban, en aquel entonces, no daba para mucho hablar mal, ya que el “vade retro” era el pan nuestro de cada día, para que nos apartásemos de las malas compañías.
    De mí puedo decir, aunque suene cursi, que todo lo que he dicho, en mi niñez, ha sido MIERDA. Y que por cierto me ha salido caro, ya que se lo dije a mi abuela a lo grande, por eso lo he puesto con mayúsculas. Repito que la palabreja me salió cara, porque aun recuerdo, como si fuera hoy, a mi madre corriendo detrás de mí, alrededor de la mesa del comedor. ¡Menuda reprimenda!, unido a un buen cachete.
    Metida de lleno en “groserías” recuerdo que, en mi infancia, jugando al escondite con un grupo de niños y niñas, nos metimos, para escondernos, en una huerta entre “uns pes de millo”. De repente, de entre los mismos, apareció delante de mí, uno de los chiquillos con quienes jugábamos. Y sin más dilación me espetó: ¿GICHAMOS…? No sabía el significado de la palabra, si es que lo tiene, pero recuerdo que no me sonó nada bien, por eso sin pensarlo dos veces, le dije: cochino, maleducado; saliendo de entre “os pés de millo”, como alma que lleva el diablo.
    Disfruté y reí con tu narrativa.
    Mi recuerdo, desde Palmeira.

    P/D: Sobre el tamaño del miembro viril y corrida, de lo que sea, no me manifiesto. Hoy paso porque me extendería demasiado.

  4. Querido profesor:

    Tes moita razón cando falas dos erros máis grande dos políticos referíndote á xente que os redea. J.F. K dicía que un home intelixente e aquel que sabe contratar a xente máis intelixente ca el mismo. Non sei cal era a intelixencia que o presidente americano tiña en comparanza coa xente que o redeaba, pero o que sí sei é, que polo que vos coñezo aos tres polo medio do escrito, diría aquel mote heráldico que empregaban os Reis Católicos: Tanto monta, monta tanto.
    Oxalá que nunca teñas remorsos para que te acompañen, e eles que pensen o mesmo da túa compañia.

    A novela vai vento en popa. Felicidades.
    Aquí me quedo.
    Unha aperta palmeirana.

  5. Prezada Magdalena:

    Ben sabes que un pode escoller os amigos, pero non os pais. Ou os remorsos.

    Din que un dos erros máis graves dos políticos é rodearse sempre de persoas de baixo nivel, con dependencia psicolóxica e económica do poder e con tendencia a dicirlles aos poderosos o que queren oír. Eu, desde logo, non teño vocación política nese sentido. Antón e Lobato son dúas excelentes persoas e dous excelentes intelectuais, tamén no bo sentido da palabra. Escollelos para as miñas presentacións nunca me provocou remorsos.

    Estarei encantado de recibir a túa opinión sobre o meu libro. Sei que es unha gran lectora.

    Apertas rianxeiras!

  6. Hoxe, cando viñamos de volta da feira de Padrón votei man do móbil para entrar na Cafetería. Aparecestes ti con “Lavado de remorsos”(que parva son, descoñecía esa palabra). Lin o artigo en alto (como fago sempre que vou con J.M) e ao chegar a certas liñas, como me dou a risa, díxome que aquilo o estaba inventando eu. Rinme máis alto si cabe, e volvín a empezar. Entón, como veu que aquilo tan ben levado non pertencía á miña testa, rímonos a duo ambos os dous.
    Pensei no que lera na novela “He dicho”de Miguel Delibes falando do lenguaxe do monteiro. Dicía,que o monteiro non debe manifestar o seu contento por principios, porque si o fai perde a honesta xustificación da blasfemia. Polo tanto, temos momentos en que podemos empregar con certa liberdade e sen a necesidade de sentir ese remodimento (quero dicir remorso)ou sentimentos de culpa.

    Unha amiga da pandilla máis fina que o resto de nos, un día que lle oiu dicir a outra un taco díxonos: “No hay necesidad de decir esas cosas, yo cuando estoy furiosa digo: caño, ceño, cuño, caña, ciñe, cuña… ¿Habéis visto? Ni un taco. Es cuestión de proponérselo.
    Doume a impresión que estaba oíndo a Tip y Coll.

    A min tamén me encanta oir chistes retranqueiros, e si son dun bo escritor coma ti, moito máis.

    Vou na páxina 75, capítulo IX. Non serei tan rápida coma Riveiro Coello que a leu en tres horas, pero seguro que de seis non paso.
    Quedei encantada coa presentación, sempre sabes a quen elexir de acompañantes. Si Antón estuvo como él está sempre, maxestuoso, Lobato non lle negou pares. O do triángulo foi unha preciosidade, Nunca puden imaxinarme que a xeometría estivese casada ca poesía. Lobato é o noso Gustavo Adolfo, que fai dunha figura isósceles,unha arpa nun salón escuro.

    As loanzas para ti, cando acabe o libro.
    Unha aperta palmeirana,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>