Porla

d8fc8a359accd7894dcbd989398acc9dFidel Vidal. Ela rezou automaticamente em agradecimento. Não era agradecimento a Deus, só estava repetindo o que aprendera na infância” (Clarice Lispector, A hora da estrela).

Se tardei un longo tempo escolar en saber que a palabra “Porla” trataba dun enigma, aínda hoxe non fun quen de me librar dela como unha definición exacta do seu significado, do único significado que ofrecía. Nada de polisemias. Seguir lendo Porla

En memoria de Charlie Watts

Charlie_Watts_Berlinale_2008_croppedGonzalo Trasbach. Como seguramente todos saiban, o pasado 24 de agosto deste 2021 de gloria faleceu Charlie Watts (Londres, 1941), o emblemático batería dos Rolling Stones. Da man dun dos fundadores do mítico grupo londiniense, Brian Jones, entrou a formar parte da banda no 1963, onde ficou até a súa morte. Antes xa finara Jones, quen apareceu misteriosamente afogado na piscina da súa casa un 3 de xullo do 1969, cando só contaba con 27 anos. A este substituíuno un estilista coma Mick Taylor, un brillante alumno de John Mayall que deixou a agrupación no ano 1974, cinco despois da súa incorporación. E a este, Ron Wood. Cando se deu a noticia de que as súas británicas “Maxestades” estaban preparando unha xira por Estados Unidos Seguir lendo En memoria de Charlie Watts

Verán 2008. Rexeneración

PRAIA TANXILMarina Losada Vicente. A casa quedounos pequena. Dúas habitacións para oito persoas: Avoa, mamá, papá, meus catro irmáns e mais eu. Da planta baixa e primeiro andar pasamos a baixo comercial, tres plantas altas e un baixo cuberta. Perdemos o refuxio, a lareira, e o prezado forno de leña. Tamén se foron o retrete de madeira e a corte de debaixo das escaleiras, deus o paghe, dixera avoa. Seguir lendo Verán 2008. Rexeneración