Anteface

"Anteface", de Teresa Argibay, como a insinuación
“Anteface”, de Teresa Argibay, como a insinuación

Eme Cartea. Anteface representa o omnímodo poder da insinuación! Porque impón a súa absoluta e inmediata presenza, chea de sinxeleza e ambigüidade embozada, converténdonos en (in)discretos voyeurs cativados na trama da forma e da cor. E por ser concibida xa como estética do inacabado, a modo de schizzo, con contornos nítidos para un medio corpo en primeiro plano que se prolonga máis alá do cadro, ata onde a imaxinación se aventure. Seguir lendo Anteface

Vivir

descargaÓscar Reboiras. Poucas veces tiven unha sensación así: avanzar polas páxinas dun libro coa placidez dunha mar en calma a comezos de xullo e, de súpeto, faltarme o alento, sentir na boca do estómago unha puñada que me desgarraba e me retorcía as entrañas. Por iso quero falar de Los chicos de la Nickel, de Colson Whitehead. Por iso e porque estes días volvín ter ese resaibo amargo. Lembreime do libro nada máis ver as noticias. En distintos internados católicos de Canadá apareceron máis de 1.000 tumbas sen nome de cativos indíxenas. Calculan que esa cifra se pode multiplicar por seis. Números aterradores que ocultan só parte dun drama atroz, porque separaron a máis de 150.000 nenos das súas familias. Seguir lendo Vivir