Marina Losada Vicente. Non tiña bastante coa máscara, que agora leva gafas que se escurecen á mínima presencia de luz, polo que ten que sacalas na sombra. Non é pouca cousa, nunha muller de oitenta anos que baixa á vila, mañá e tarde, a facer compra ou a sentar nun banco da ribeira, cun tempo medio de vinte minutos viaxe, dependendo do que atope no camiño, que tanto fala con cabalos, burras ou cans como coa veciñanza, e que non entende de levar a máscara posta onde non hai xente. Seguir lendo Acción reacción
Lembranzas de Cobelo
Encarna Pego. Todas as cousas da infancia, grandes ao meu ollo de nena, semellan agora minguadas. Non sucede así co olmo que fun visitar a Cobelo despois de varias décadas. Agardaba a miña visita. Recibiume gallardo e riseiro. A súa ledicia era tan intensa coma a miña emoción. Seguir lendo Lembranzas de Cobelo
Trinta anos sen Radio Futura (La ley del desierto, el agua)
Gonzalo Trasbach. Foi na primavera de 1991 cando o grupo que lideraban os irmáns Santiago e Luis Auserón (Zaragoza) decidiron baixar a persiana dunha traxectoria exitosa, apagar unha chama que se mantivo ardendo durante algo máis dunha década. Naceu Radio Futura á sombra da nova onda dos anos oitenta, pero co devir dos anos a banda foi evolucionando cara a un pop mestizo Seguir lendo Trinta anos sen Radio Futura (La ley del desierto, el agua)
Galicia e os galegos na poesía castelá CXLV. Un socialista: Luis Araquistáin
Román Arén. Luis Araquistáin e Quevedo foi una figura moi importante na política española de preguerra e da Segunda República, non tanto polos seus cargos políticos (deputado, embaixador en Berlín) como polo seu liderado da esquerda socialista e referente do pensamento progresista español, que exerceu como director de publicacións como <España> (1916) e, sobre todo, <Leviatán> (1934-1936) e <Claridad> (1935). M. Bizcanondo estudou o papel de Araquistáin no pensamento da esquerda española nun libro de 1975. Pero Araquistáin, nacido en Bárcena de Pie de Concha en 1886 e membro da Xeración do 14 Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXLV. Un socialista: Luis Araquistáin