Mauricia Ces Quintáns. Empezou a chorar mentres sostiña o coitelo no alto. Antes, afiouno coa precisión dun cirurxián até acadar a milimétrica lisura do gume desexado; comprobou a tensión, o equilibrio. Examinouno dende a punta até as cachas. Baixo a luz fría da lámpada o espello da folla devolveulle un sorriso cegador inoxidable. Verteu a lixivia no estropallo; fregou con insistencia a táboa. Enxaugouna baixo a billa en varias augas; deixouna escorrer, e secouna co pano. Con coidado, depositouna sobre o mesado de mármore. Seguir lendo Hoxe, empanada
Todolos artigos de: cafebarbantia
Manuel Facal. Estética e andel
Antonio Piñeiro. Leva, o noso admirado Manuel Facal, unhas semanas exposto nas paredes da casa do concello de Ribeira. Arte entre corredores, instancias, asuntos, números de rexistro e salas de espera, da man dos fondos do Museo do Gravado de Artes. Sempre me fascinou esa faceta dos oitenta e mais del Seguir lendo Manuel Facal. Estética e andel
Alimentos viaxeiros
Xulio Gutiérrez Roger. Debo confesar que ese tópico da «cociña tradicional baseada nos alimentos autóctonos» prodúceme certa incomodidade. Non acabo de entender que é un alimento autóctono alén dos produtos extractivos da pesca e o marisqueo. Seguir lendo Alimentos viaxeiros Galicia e os galegos na poesía castelá CXLIII. César M. Arconada
Román Arén. Quen asinaba César M. Arconada nacera en Astudillo, Palencia, en 1898 e o seu primeiro apelido era Muñoz. Foi figura importante na vangarda española, autor de ensaios como En torno a Debussy (1926), Vida de Greta Garbo (1929) e Tres cómicos de cine (1931), pero tamén narrador social en Los pobres contra los ricos (1933) e Reparto de tierras (1936), ademais de importante xornalista en <El Diario Palentino>, <La Gaceta Literaria>, <Octubre>, <Tensor>, <Nuestro Cinema> e <Mundo Obrero>. Cultivou tamén o teatro en 3 farsas para títeres (1936) e foi importante poeta ultraísta en Sed (1922) e Urbe (1928). Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXLIII. César M. Arconada