Todolos artigos de: cafebarbantia

Calle del Perdón, Mahi Binebine

9788420439617Xerardo AgraFoxo. Esta novela chega despois doutras do mesmo autor como El último viaje de Mamaya (2009), Los caballos de Dios (2010) e Yo, el bufón del rey (2018). Na primeira conta a peripecia de seu irmán Aziz que pasou 18 anos no cárcere de Tazmamart, xunto con outros 56 compañeiros dos cales só sobreviviron 14, por participar no  golpe de estado de 1971 contra Hassan II. Unha historia que aproveitaría Tahar Ben Jelloun para escribir a controvertida Sufrían por la luz. Estas escouras valeríanlle a Mahi Binebine (Marrakech, 1959)  para tecer Yo, el bufón del rey, onde conta a vida de seu pai Mohamed Ben, que, mentres Aziz sufría no alxube do deserto, facía de pallaso nos salóns reais marroquís, unha lealdade ao soberano que provocaría o desprezo da súa familia. Seguir lendo Calle del Perdón, Mahi Binebine →

Eu son A, de Steve Tasane traducido por Carlos Acevedo e publicado por Factoría K Narrativa.

EU SON APilar Sampedro. “Unha novela para rapaces que todos os adultos berían ler”, di a presentación editorial. Unha obra, escrita por alguén marcado por unha infancia pobre e polo abandono do pai (un refuxiado). Polo tanto, o autor sabe do que fala cando novela a historia duns nenos en situación extrema. Á ferida do pasado engádese a sensibilidade actual porque se di poeta, novelista e activista, e porque ademais nos conta que se ve impelido a escribir a historia despois de ver un vídeo no que dous irmáns celebran a descuberta dunhas faragullas na lama dun campo de refuxiados.

Seguir lendo Eu son A, de Steve Tasane traducido por Carlos Acevedo e publicado por Factoría K Narrativa. →

Antonio Rodríguez Fraga, avogado e xornalista do Son

O Escritor. Correo_de_Galicia_06-06-1919Pastor Rodríguez. Non foi un escritor importante, pero si un dos moitos galegos emigrados que se dedicou ao xornalismo en América. Antonio Rodríguez de Fraga e Fraga nacera en Porto do Son o 12 de frebreiro de 1880, e non en 1888 como asegura Alberto Vilanova. Emigrado na Arxentina en 1909, cando xa era licenciado en Dereito pola universidade de Compostela, nese país desenvolveu múltiples actividades: viaxante de tecidos, pintor, escultor en madeira, astrónomo e fotógrafo. Seguir lendo Antonio Rodríguez Fraga, avogado e xornalista do Son →