Marina Losada Vicente. Pola noite, desde que o inverno enche a estancia, repito un ritual do que tomo conciencia cada vez. Todas as veces. Colgo a bata, íspome, poño a camiseta, abro a cama, acomodo o embozo, apago a luz e métome na cama, boca arriba, cubríndome ata as orellas. Seguir lendo Decúbito
Todolos artigos de: cafebarbantia
A soidade do violador de fondo
Ignacio Castro Rey. “A vida rugosa, áspera e case sempre mesquiña, e de tempo en tempo un raio de luz”. Coñecín a Ariana Harwicz (Bos Aires, 1977) por unha entrevista recente contra a corrección política e a arte infame que xera. Con esa breve bagaxe entrei no último que atopei dela, Degenerado (Anagrama, 2019). Cunha actitude inicial un tanto escéptica, dada a desconfianza que a algúns nos produce o éxito, decontado nos atopamos cunha linguaxe moi rica e concisa para narrar, precisamente, a extrema miseria do noso mundo. Seguir lendo A soidade do violador de fondo
August, de Christa Wolf
Xerardo AgraFoxo. «Todo é froito do destino e ninguén pode evitalo». Así se le ao comezo deste relato que podía transcorrer doutro xeito se a vida desta escritora non se vise agredida pola guerra. Sendo moza converteuse nunha refuxiada. Nun xélido día de inverno montou nunha camioneta e deixou atrás a súa casa en Polonia. Logo de atravesar o río Oder, chegou a unha aldea alemá. Cando o Exército Vermello enfiaba Berlín fuxiu nunha carruaxe até as marxes dun río que catro anos despois afastaría dous países. Que sería da vida de Christa Wolf se aquel día atravesase o Elba? Como non foi así, porque «o destino é inevitábel», abrazou os ideais da República Democrática Alemaña Seguir lendo August, de Christa Wolf
Vacinación en serie
Domingo Regueira. Polas corredoiras da treba visigoda, bramidos tráxicos presaxian fatais desenlaces. Nun chocolear de zocos ferrados, foxen en desbandada vellos e mozos coma se dun ataque alien se tratase.
Son os grampadores que veñen vacinar os rurais. Pero os rústicos, que non queren perder o seu ADN neandertal, repudian os militares reciclados que pretenden meterlles nos seus corpos substancias que non lles petan. Seguir lendo Vacinación en serie