Todolos artigos de: cafebarbantia

Caracois de Belvís, de Lupe Gómez

caracoisFidel Vidal. Os poemas que compoñen Caracois de Belvís, de Lupe Gómez, merecedores do II premio SELIC de Santiago de Compostela no 2019, “foron escritos como oracións espirituais ou cantares de amor”. Así o expresa a propia autora nun paseo pola serenidade da pedra magoada, en Belvís, desde onde a vista acolle unha Compostela que nos envolve. Un texto que xa forma parte do mapa poético da cidade. Cos ollos abertos dunha vaca, ou dunha becerra, abraiados por tanta fermosura do cotián, é como nos guía Lupe Gómez de ganchete a través das súas sorprendentes metáforas, no gume, a piques de romper o silencio de claustro Seguir lendo Caracois de Belvís, de Lupe Gómez →

Aproximacións a Manoel Antonio (IV)

978849485535X. Ricardo Losada. Vou abordar agora a máis difícil e desagradable das entregas desta serie de reflexións sobre o libro de Xosé Luís Axeitos Aproximacións a Manoel Antonio (Axóuxere editora). Prometinme suscitar un debate racional e fértil, renunciando a recorrer a cuestións persoais que un profesor serio de filosofía, como eu pretendo ser, non debera empregar. Pero, neste caso, e sen que sirva de precedente, advirto ao lector, vou acabar este texto contando unha anécdota real que me pasou co profesor Axeitos, e sacando algunha conclusión máis dura do que me gustaría, pois o profesor Axeitos intenta pisarme no penúltimo capítulo do seu libro, Bosquexos biográficos de Manoel Antonio Seguir lendo Aproximacións a Manoel Antonio (IV) →

Á procura dos milagres

20210117_121302mRamiro Ouviña O. Bieito nunca rexeitou os costumes relixiosos impostos pola familia e as convencións sociais da época. Pasou polo catecismo, a primeira comuñón e a confirmación como quen pasa polos escenarios dunha obra irreal, gozando da fantasía, esquecendo o texto. A igrexa non o defraudou. En cada cerimonia ofrecíalle un novo e mellor motivo para o abraio. Seguir lendo Á procura dos milagres →