Pilar Sampedro. Henrique Alvarellos é un deses cidadáns indispensables. Na solapa deste libro preséntasecomo escritor, editor e promotor cultural. Todo é certo: este libro está escrito e publicado por el baixo o selo familiar Alvarellos, unha empresa que creara o pai no Lugo de 1977 e que agora dirixe el en Compostela. Promotor cultural tamén, porque parte da súa obra está dirixida á recuperación de feitos e lugares que pon en valor, basta con mirar Santiago, 1909 (a crónica da Exposición Rexional Galega), Os últimos carballos do Banquete de Conxo e Balada ceibe no bosque de Conxo, que xiran arredor do bosque onde se celebrou o célebre banquete e que hoxe está recuperado grazas ao empeño deste activista. Seguir lendo Federico García Lorca en Santiago de Compostela, de Henrique Alvarellos
Todolos artigos de: cafebarbantia
El rey campesino, de Andrea Camilleri
Xerardo AgraFoxo. Dende que no 1994 publicou La forma dell’acqua, primeira novela da serie negra do comisario Montalbano, este autor siciliano converteuse nun dos escritores de maior éxito do seu país. Na meirande parte destas obras, a trama amosa sempre o mesmo engrenaxe: un enigma, un nó vinculado co mundo do crime/drogas/mafia e un curioso desenlace. Pero, por culpa da doenza ocular que padeceu nos últimos dezasete anos, Camilleri ditoulle as obras á editora Valentina Alferj, circunstancia que fixo medrar en exceso os diálogos nas súas páxinas. Pero Il re di Girgenti (2001)) non garda ningunha relación co mundo criminal de Montalbano. Esta é unha novela histórica escrita en dialecto siciliano é ambientada na época do dominio estranxeiro sobre Sicilia. Seguir lendo El rey campesino, de Andrea Camilleri
Aproximacións a Manoel Antonio (III)
X. Ricardo Losada. Recórdolle ao lector que esta serie de textos transcriben pequenas reflexións que me provocou o libro de Xosé Luís Axeitos, Aproximacións a Manoel Antonio (Editorial Axóuxere, 2020). No primeiro solicitaba que Axeitos aclarase por que cría que Manoel Antonio non protestara polas graves manipulacións que o editor Ánxel Casal fixo do seu manuscrito de De catro a catro. No segundo reveláballe que, ao meu entender, cae con frecuencia na falacia de petición de principio: inclúe nas premisas das súas argumentacións, as conclusións ás que quere chegar. Neste terceiro vou tratar unha afirmación de Axeitos na que di que o poeta rianxeiro tiña unha actitude estilística, psicolóxica, ética e política de perfeccionamento, incompatible con certos sentimentos corrosivos atribuídos arbitrariamente a Manoel Antonio. Seguir lendo Aproximacións a Manoel Antonio (III)
Algunhas xoias da colleita do 71
Gonzalo Trasbach. Neste 2021 fai 50 anos dunha excelente colleita musical. A que se sementou no 1971. Daquela acababamos de entrar nunha nova década, xa sen The Beatles e sen Jimi Hendrix, entre outros. A era dos setenta arrancou trala tráxica coroación dos prodixiosos 60, cando nos seus estertores tivo lugar o sanguento pesadelo do Festival de Altamont en San Francisco (USA). Seguir lendo Algunhas xoias da colleita do 71