El rey campesino, de Andrea Camilleri

911uMIldlrLXerardo AgraFoxo. Dende que no 1994 publicou La forma dell’acqua, primeira novela da serie negra do comisario Montalbano, este autor siciliano converteuse nun dos escritores de maior éxito do seu país. Na meirande parte destas obras, a trama amosa sempre o mesmo engrenaxe: un enigma, un nó vinculado co mundo do crime/drogas/mafia e un curioso desenlace. Pero, por culpa da doenza ocular que padeceu nos últimos dezasete anos, Camilleri ditoulle as obras á editora Valentina Alferj, circunstancia que fixo medrar en exceso os diálogos nas súas páxinas. Pero Il re di Girgenti (2001))  non garda ningunha relación co mundo criminal de Montalbano. Esta é unha novela histórica escrita en dialecto siciliano é ambientada na época do dominio estranxeiro sobre Sicilia. Inspirada en feitos reais, que o autor descubriu por casualidade durante unha viaxe, conta a fascinante peripecia de Michele Zosimo, un mozo campesiño que se converteu en monarca efémero de Gigerti, a actual cidade de Agrigento, tras desarmar o exército invasor e liderar unha revolta labrega.

A novela narra de xeito excepcional a vida dunha sociedade mergullada na pobreza e salienta o compromiso dun pobo para defender a súa honra contra unha aristocracia só preocupada en defender os seus privilexios. Tamén denuncia a represión que sufriron os que ergueron a voz naqueles tempos que xa retratara con mestría o admirado Lampedusa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *