Todolos artigos de: cafebarbantia

Sentadiña quedei

Prueba2Marina Losada Vicente. Sentei, vaia se sentei! Non quería, mais sentei. A vida é así. Un día manteste ao alto, erguida, segura… orgullosavitaldigna, e ao outro día, caes diante do esmagador peso da  física. Durante o último ano, a cousa fórase dificultando, non podo dicir que me colleu desprevida, mais si que me sentín… como dicilo… desinflada.

-Vellos son os trapos- repetía miña avoa, se adxectivabas así a alguén. De aí que eu me sentise maior, en lugar de vella. Que me sentise á boia… en lugar de afundida. Que me sentise… que caramba, que me sentise minguada, como se me roubasen unha parte de min! Seguir lendo Sentadiña quedei →

Na fronteira

20201129_135621María Xesús Blanco. Nove da mañá. Nove graos. Primeiro día de vacacións. Hai quen goza durmindo ata as tantas. Eu non. Érgome cedo, preparo café e saio a camiñar. Ás veces levo a cámara. Gústame pousar a mirada en carreiros silenciosos e en estradas illadas que se cruzan. Tamén en sendeiros anegados de xeada que abren ronseis pola espesura do monte. Parar e observar. Seguir lendo Na fronteira →

Aproximacións a Manoel Antonio

978849485535X. Ricardo Losada. Máis alá do seu brillante currículo, e do seu talante persoal, o que máis me gusta de Roberto Abuín é o seu evidente amor pola filosofía, e por unha filosofía que el concibe, coma min, como un debate aberto sobre as ideas. Non outra debeu ser a razón pola que se lanzou a crear unha editorial, Axóuxere, que segue unha arriscada liña experimental e de rigorosa reflexión sobre o mundo, cando as tendencias dominantes van en dirección contraria. Seguir lendo Aproximacións a Manoel Antonio →

El desafortunado, de Ariel Magnus

9788432236679Xerardo AgraFoxo. Este libro conta unha historia ben coñecida polos lectores interesados polas escouras deixadas polo Holocausto. No ano 1950, baixo o nome de Ricardo Klement, estableceuse na Arxentina, contando coa protección do peronismo, Adolf Eichmann, un dos principais arquitectos da “solución final”. Dous anos despois chegou a súa muller e os fillos. Comezaban deste xeito unha vida plácida até que un encontro fortuíto nun cine de Bos Aires lle deu pistas ao Mossad para capturalo no 1960. A historia posterior tamén é ben coñecida. A través dunha escrita moi coidada, Ariel Magnus (Bos Aires, 1975) conta a vida clandestina e discreta deste criminal nazi que, amparado pola comunidade alemá na Arxentina, nunca rexeitou os asasinatos cometidos polo nazismo nin a súa intervención directa como responsábel Seguir lendo El desafortunado, de Ariel Magnus →