Todolos artigos de: cafebarbantia

Doctor Migraña e Chamaquito Pistolas

CHAMAQUITO PISTOLAS E DOCTOR MIGRAÑAMaría Xesús Blanco. BINOMIO MUSICAL. Cando chego á Recoveira, Nando Pérez está sentado nunha mesa que mira á praza. A temperatura é suave e apetece o aperitivo. A Nando gústalle falar, pero tamén escoitar. Necesita a pregunta concreta para dar unha resposta co detalle que ti necesitas oír. De contado chega Carlos. Chamaquito Pistolas e o Doctor Migraña. Seguir lendo Doctor Migraña e Chamaquito Pistolas →

Cartas a unha lectora, a un lector (IX)

background of library book shelfPilar Sampedro. Lois Diéguez de Monforte escribe a mensaxe do 2016. Nela reivindica mirar as estrelas. Ler nese firmamento, no que semella que Manuel María se converteu nunha estrela de cor vermella, que acompaña á azul Venus. Di que se a miras intensamente saen dela páxinas de letras que contan os segredos que ninguén sabía descifrar.

Manuel Veiga, tamén de Monforte, faino no 2013. Conta como “arredor de 1970, o Ministerio de Educación y Ciencia destinou á Escola de Diomondi (O Saviñao) Seguir lendo Cartas a unha lectora, a un lector (IX) →

Os prisioneiros

Carvalho Calero - 4 pezasAlberte Pagán. O Auto do prisioneiro, escrito em 1969 e publicado na revista Grial em 1970, é a quarta peça teatral que Ricardo Carvalho Calero recolheu no livro 4 pezas (Galaxia, 1971). Um prisioneiro desfruta na sua cela de todas as comodidades: telefone para comunicar-se com o exterior, aquecimento central, sexo, comida, amizades, visitas e um guarda que é servente, condenado a seguir as rotinas horárias e alimentares do preso. Apreendemos que o diretor do cárcere é seu pai, um pai ausente que nunca colhe o telefone e nunca abre a porta da sua oficina. Realmente existe? Ninguém o conhece mas todo o mundo espera umha mensage del. “Pero ¿hai un direitor?”, pergunta o confinado. Seguir lendo Os prisioneiros →

O verán en Lucenza, de Alberto Fortes

9788491216339Inés Otero. Hai pouco merquei un libro de Ryu Murakami, Azul casi transparente, pensando que se trataba dunha novela de Haruki Murakami. O mesmo me pasou hai uns anos cando comecei a lectura de Atlas de una añoranza imposible, de Anuradha Roy, crendo que estaba cunha novela de Arundhati Roy, a autora da celebrada El Dios de las pequeñas cosas. Neste sentido, propio de lectores apresurados, unha amiga faloume dunha excelente novela dun autor ruso descoñecido, pero que en realidade era de Tolstoi porque que a editorial modificara na capa o tradicional nome de pila do autor de Ana Karenina. Por non falar das confusións literarias que provocan os apelidos Roth, Goytisolo ou Grossman. Seguir lendo O verán en Lucenza, de Alberto Fortes →