Gonzalo Trasbach. Deixade que me vos presente. Son Luís ” O Fosón” e estou morto. O meu espírito paseaba perdido ao redor da casa da miña nai, que agora está abandonada e arruinada, invadida polas silveiras. Andaba penando até que fai uns días me rescatou un vello amigo que mantén unha boa relación cos do outro mundo, e tróuxome a esta pequena casiña do Corrillo, onde vivín os derradeiros anos da miña vida Seguir lendo Eu son Luís “O Fosón”
Todolos artigos de: cafebarbantia
Burato negro
Marina Losada Vicente. Leva tempo perdendo sangue coas feces. No hospital repróchanlle que non dixese nada. Xulio pregúntase como ía sabelo. A intervención cirúrxica de urxencia fixo que non dera lugar a moita resposta, só un elevar de ombros. O postoperatorio, difícil, permite algunha reflexión por parte dun rapaz de once anos que, por primeira vez, entra no que chaman cuarto de baño. Se as ganas son líquidas, Xulio faino en calquera sitio, con tal de que o regueiro non moleste. Seguir lendo Burato negro
Caligrafía de combate
X. Ricardo Losada. Parece claro que coa introdución das novas tecnoloxías, os nenos acabarán por non coñeceren a pulsión de escribir a man. Un ruído, un equilibrio raro entre o cóbado, o lapis e a man, como di Alejandro Zamba. A min pásame cando escribo as postais de Nadal. Escollo algunha foto que eu mesmo tirei nalgún momento dese ano, e póñolle unha frase que me guste e un pequeno comentario. Por exemplo, unha frase de Pessoa: “Combater é non ser capaz de combaterse”, e debaixo: “Por un 2021 no que combatas máis contigo que cos demais”. Pero, aínda que fago a postal nun programa de ordenador, e a mando por correo electrónico Seguir lendo Caligrafía de combate
A rotonda cadrada
Fidel Vidal. O irresoluble problema de xeometría definida como cuadratura do círculo adoita usarse cando nos referimos a algo imposible, a unha ilusión propia de testas tocadas polo fantástico. Mais ninguén se ocupou do que poderiamos denominar “circulatura do cadrado”, da redondez ou circularidade do cadrado. Talvez porque o círculo goza de prestixio no mundo das mitoloxías. Representa o ciclo da vida, a integridade, a perfección orixinal. Velaí en forma de roda como símbolo da enerxía sol, nas aureolas dos santos, ou no propio Deus como un inmenso circo con centro en todas partes. Seguir lendo A rotonda cadrada