Todolos artigos de: cafebarbantia

Conversas de escaparate. A mirada

mirada1Fidel Vidal. -Chimpei a copa con tanta rabia que foi escachar na cachola do suxeito que me miraba con insolencia.

-Non me decatei da mirada, nin do suxeito en cuestión.

-Aí estaba. De pé. Pasou media noite sen me quitar ollo. E cun sorriso de chulo.

-A cotío barruntas no mesmo. Que se che miran con insinuacións noxentas, que se chiscan os ollos. Seguir lendo Conversas de escaparate. A mirada →

Diacronía. Arquivos diáfanos

A obra forma parte da sétima BarbantiaRte FOTo © Iñaki Abella
A obra forma parte da sétima BarbantiaRte FOTo © Iñaki Abella

Eme Cartea. Primeira muller académica numeraria da Ragba na sección de escultura (2018) e Premio da Cultura 2019. Recoñecementos indispensables! De entrada, proclamamos que Soledad Penalta, escultora -afastada do concepto de beleza clásica e da arte como mimese-, sitúase nas marxes subxectivas da abstracción, o que subliña a validez do diálogo entre a artista e o espectador, xuíz e parte da obra. Seguir lendo Diacronía. Arquivos diáfanos →

Museo (do ermitán) Man.

MAN_CGAC-40Pilar Sampedro. Camelle era un lugar fermoso e recóndito da Costa da Morte. Ata aí chegou un alemán extravagante que fixo para si unha cabana na beira do mar e intervencións pola zona. Man de Home ou de Manfred, vestía un taparrabos, deixaba ver o seu museo a cambio dunha moedas e a participación do espectador no caderniño que lle entregaba. Seguir lendo Museo (do ermitán) Man. →