Conversas de escaparate. A mirada

mirada1Fidel Vidal. -Chimpei a copa con tanta rabia que foi escachar na cachola do suxeito que me miraba con insolencia.

-Non me decatei da mirada, nin do suxeito en cuestión.

-Aí estaba. De pé. Pasou media noite sen me quitar ollo. E cun sorriso de chulo.

-A cotío barruntas no mesmo. Que se che miran con insinuacións noxentas, que se chiscan os ollos.

-Non podo consentir que me asoballen desa maneira.

-A unha mirada en fite, é verdade, non é doado facerlle fronte.

-O caso foi que por culpa dese mamón o viño da copa espallouse polas alfombras. Mañá  que vai dicir a encargada? Prefiro nin pensalo.

-Ti tranquila, querida. Ela mesma, estou segura, respondería non lanzándolle a copa senón a botella e deixalo para o arrastre.

mirada2-Mira que mans me quedaron, sen cor, e os ollos inchados e vermellos.

-Ese home, só miraba? Non dixo nada?

-Oxalá dixese algo. Nin unha soa palabra. Polo menos podería defenderme; apáñome ben coa lingua para lle responder.

-Tés razón, querida. Sopórtase mellor unha frase, incluso unha pancada nas costas, que unha mirada insistente. Entre nolas dúas, dime, era guapo?

4 comentarios en “Conversas de escaparate. A mirada

  1. Fidel: No me extraña que al apuesto
    admirador, se le pusieran “los ojos como platos” al mirar a ese par de damiselas tan “ligeras de ropa”.
    ¡Menuda conversación se traían las dos! Le llamaron de todo- desde mamón a chulo-, para, finalmente, hacer ese comentario: entre nolas dúas, dime, era guapo?
    ¡Qué risa!
    Me gustan tus Conversas de escaparate.

    Mi recuerdo, desde Palmeira.

    1. Agadezo, prezada Naty, que che gusten estas Conversas. Supón un alento para continuar con elas. Unha forte aperta coa “mirada” posta nas belezas de Palmeira.

  2. Esa mirada, querido Fidel, creo que le agradó más que a Jasón el Vellocino.
    Por tanto, a la muchacha de la mirada criolla, (como dicen los Panchos ) para consolarla habría que decirle: “Ten paciencia corazón, que en esta vida es mejor, deseo sin posesión, que posesión sin deseo”.
    Castos biquiños palmeiráns.

    Paradoja: Lo prohibido es tentador, lo no prohibido, aburrido. EstImUlAdO estaba el de la parajoda.

    1. Ser obxecto da mirada é sinxelamente iso: ser obxecto (da mirada). Mais se nos decatamos desa mirada é que tamén nós estamos -mira por onde!- a mirar. O xogo das olladas, das “miradiñas”, é un xogo ben fermoso. Unha sorte de cOnflUEncIA.
      Bic(i)os e apertas e saúde, Magdalena.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>