Todolos artigos de: cafebarbantia

Bergen

gochi 1María Xesús Blanco. Cando miña nai decidiu que iamos visitar ao meu pai a Bergen, sentín unha sensación moi forte. Como se as burbullas dun caramelo líquido estalasen no centro do meu estómago. Tiña moitas ganas de ver ao meu pai. A Paco, que é como o coñece todo o mundo. Que xa ía para dous meses que o Instituto de Recursos Naturais o mandara tan lonxe. E outras tantas de subir a un avión. Seguir lendo Bergen →

Sobredose de citas

792148X. Ricardo Losada. AVISO PREVIO: Este texto contén material que pode danar seriamente o sistema nervioso das persoas con aversión ou alerxia ás citas. É máis. Contén o tipo de citas máis daniñas: aquelas que fan pensar e rir ao mesmo tempo. Recoméndase que se absteñan de lelas as persoas que aborrecen as ambigüidades, as contradicións, os paradoxos, os xogos de palabras. E as persoas que cren ser máis maduras e profundas e convincentes canto máis serias se poñan. Seguir lendo Sobredose de citas →