Sobredose de citas

792148X. Ricardo Losada. AVISO PREVIO: Este texto contén material que pode danar seriamente o sistema nervioso das persoas con aversión ou alerxia ás citas. É máis. Contén o tipo de citas máis daniñas: aquelas que fan pensar e rir ao mesmo tempo. Recoméndase que se absteñan de lelas as persoas que aborrecen as ambigüidades, as contradicións, os paradoxos, os xogos de palabras. E as persoas que cren ser máis maduras e profundas e convincentes canto máis serias se poñan. Para máis, son todas do mesmo autor, polo que a sobredose pode ser aínda máis prexudicial para a saúde. Máis aínda porque foron escritas hai máis de cen anos e ao metabolismo mental humano, tan propenso a buscar claridade e certezas absolutas, cústalle moito asimilalas. Máis aínda en tempos de polarización, fanatismo e populismos varios.

Non hai nada que fracase tanto como o éxito. / Moitos son bos porque o seu coñecemento do mal é moi escaso. / No momento en que un ama algo, o mundo convértese no inimigo. / O obxectivo do escultor é convencernos de que é escultor, o obxectivo do orador é convencernos de que non é orador. / Agradou a todos os bohemios afirmando que as mulleres son iguais aos homes; pero despois enfureceunos insinuando que os homes son iguais ás mulleres. / Por suposto, a verdade ten que ser necesariamente máis estraña que a ficción, porque a ficción fixémola nós á nosa medida. / Deberíamos ver tan fondo nun hipócrita que chegásemos a ver incluso a súa sinceridade. / A verdade é que non hai nada polo que os homes fagan esforzos máis hercúleos que as cousas que saben que non merecen. / A primeira lei da saúde é que as nosas necesidades non deben ser aceptadas como necesidades: deben ser aceptadas como luxos. / A única forma perigosa e inmoral de beber viño é bebelo como medicina. / É fácil negarse a un mesmo a festa: é moi difícil negarse a un mesmo a normalidade. / Ata o vicio require unha especie de virxindade. /A esperanza comeza a ser útil exactamente no instante en que deixa de ser razoable. /Aledámonos moito de que sexa un home ordinario, pois iso pode axudalo a ser un avogado excepcional. /Na vida real as persoas máis fanáticas son as que non teñen ningunha convicción. / Se un home é verdadeiramente superior aos seus semellantes, na primeira cousa que cre é na igualdade dos homes.

     Non sei se ten moito sentido isto que acabo de facer. Só sei que ás veces necesito escribir un texto rindo e pensando ao mesmo tempo. Axúdame a levar a vida en momentos, como este comezo de curso, académico e político, convulsos.

3 comentarios en “Sobredose de citas

  1. Querido profesor, eu as únicas redes que coñezo son as que usan os mariñeiros para pescar as sardiñas. Menos mal que vos me consentides as miñas case diarias intromisións, (cousa que agradezo) para poder aprender un pouquiño da boa semente literaria que xermina nesta Cafetería.
    Eu nas redes sociais teño tanto futuro coma Porki na fábrica de Campofrio.
    Un bico.

  2. Prezada Magdalena:

    Se todos os comentarios nas redes sociais fosen coma os teus, as redes sociais
    non terían a mala fama que teñen. Mágoa que ese teu espírito non prenda con
    facilidade no mundo virtual.

    Gústame escribir este tipo de textos, aínda que é certo que este comezo de curso
    académico está sendo moi duro. Pero duro non polo traballo nin pola crise sanitaria,
    senón pola cantidade de traballo burocrático inútil que nos obrigan a facer. Nese sentido, estes textos, aínda que só acumulen citas, son liberadores. E as túas chanzas,
    moito máis. Agás a da xa famosa e misteriosa “libreta”.

    Un pracer, de verdade.

  3. ¡Ay, querido profesor ! “Lo mejor es enemigo de lo bueno”. Y aunque las paradojas son muy buenas, la introducción es mejor.
    Luego aún te preguntas si lo que has escrito tiene mucho sentido, y yo te respondo que a ti, no se te puede achacar de que “trabajas menos que el fotógrafo del BOE”, porque a pesar de la labor que supone el comienzo del
    curso académico, sigues sirviéndonos sabroso café en Barbantia, o sea que “tienes más trabajo que el fontanero del Titanic”, y muy buen fontanero, por cierto.
    Me has regalado mucho material para la libreta… Ya no recuerdo qué libreta es, “soy como tonta, pero sin el como”, ya me gustaría ser como tú, querido profesor, que “tienes cabeza para dos pescuezos”, yo sin mis libretas “tengo el vocabulario más breve que el de Correcaminos”.
    Y ahora tengo que dejarte porque “tengo la vejiga como el campo del Valencia que me estalla”.

    Espero sepas perdonarme esta broma, aunque estas “ocurrencias” no son de la envergadura de tus paradojas, a falta de otras… aplico mi filosofía constructiva de aproximación al jefe. ¿Sabes cual es, verdad ?

    Moitos biquiños palmeiráns, siempre compartidos con tu costilla y nuestro común amigo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>