Todolos artigos de: cafebarbantia

A noite do lobo

O Andel. A_noite_do_lobo_Abel_Tome. MaioRomán Arén. Abel Tomé (Outes, 1984) consolida o seu debut como narrador con A noite do lobo, Premio Illa Nova 2019, do que xa ficara finalista coa súa primeira novela, A noite do corvo. Paisaxes agrestes, pasado escuro nas personaxes, un ton gótico,  ou a violencia son as características desta novela, que está máis preto do romance ca da novela psicolóxica, e que vai gustar a novas lectoras afeitas, e afeitos á aventura. Pero falo para lectoras, sobre todo, porque a obra de Tomé fai na muller atención especial, pois que se dexerga un certo ton feminista nesta historia de lobos que serve de homenaxe ás mulleres oprimidas, nunha sociedade esmagadora e abafante. Seguir lendo A noite do lobo →