A noite do lobo

O Andel. A_noite_do_lobo_Abel_Tome. MaioRomán Arén. Abel Tomé (Outes, 1984) consolida o seu debut como narrador con A noite do lobo, Premio Illa Nova 2019, do que xa ficara finalista coa súa primeira novela, A noite do corvo. Paisaxes agrestes, pasado escuro nas personaxes, un ton gótico,  ou a violencia son as características desta novela, que está máis preto do romance ca da novela psicolóxica, e que vai gustar a novas lectoras afeitas, e afeitos á aventura. Pero falo para lectoras, sobre todo, porque a obra de Tomé fai na muller atención especial, pois que se dexerga un certo ton feminista nesta historia de lobos que serve de homenaxe ás mulleres oprimidas, nunha sociedade esmagadora e abafante. A obra é, así,  algo máis ca un romance de aventuras situado nunha Galicia preta que nunca se cita. Abraia tamén o forte desexo da nada, da morte, do protagonista, Lourenço d’Ourantes, e a violencia da trama. O autor logra dar moi ben o ritmo desta escura diéxese, con fíos secundarios cheos de interese. Axilidade narrativa que facilita unha doada lectura. A novela forma parella coa anterior, pero é autónoma, e haberá que agardar a nova entrega desta triloxía, para completar este mundo mouro e salvaxe. O ton escuro está moi ben conseguido e anúncianos un narrador que ten moito que contar.

 

Un comentario en “A noite do lobo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *